Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
luns, 20 de decembro de 2021
xoves, 16 de decembro de 2021
Recursos WEB
Podedes premer na imaxe para acceder a recursos de la web:
ÉRASE UNA VEZ UN CUENTO.
Teñen contos, vídeos, actividades interactivas e fichas descargables para as/os pequenas/os.
martes, 14 de decembro de 2021
domingo, 12 de decembro de 2021
Visita do Apalpador
Un ano máis veu visitarnos o queridísimo Apalpador. Contounos cousas curiosas e divertidas e mesmo mandounos un vídeo ao chegar a súa casa. Se premedes na imaxen ides ver máis fotos da visita.
sábado, 4 de decembro de 2021
EXPERIMENTANDO
Velaquí uns exemplos dos experimentos que fixeron parte do noso alumnado. So precisan materiais sinxelos de atopar. Animádevos a probar!!!
venres, 3 de decembro de 2021
xoves, 2 de decembro de 2021
martes, 30 de novembro de 2021
Aprendendo acerca da Diversidade Funcional
venres, 19 de novembro de 2021
Aprendendo a xogar como antes.
Tamén se pode descargar a aplicación para móbiles desde Google Play ou App Store buscando por "Xogos tradicionais".
venres, 12 de novembro de 2021
|
mércores, 3 de novembro de 2021
martes, 2 de novembro de 2021
Mes da Ciencia en Galego
luns, 1 de novembro de 2021
Cociñamos contigo
Audioconto de "medo"
sábado, 23 de outubro de 2021
"As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio".
Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir."
Se queredes saber máis sobre o traballo das Bibliotecas Escolares premede na imaxen >
xoves, 21 de outubro de 2021
Guía para a compostaxe
No cole de Frións temos un contedor para compostaxe. Queremos que todo o mundo coñeza o xeito correcto de usalo, entón, a nosa compañeira Inma editou esta infografía moi visual.
Espero que vos sexa útil.
martes, 19 de outubro de 2021
Recursos para o Samaín
Nesta ocasión compartimos a selección de recursos que elaborou o equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole. De seguro atopades algún que vos guste.
luns, 11 de outubro de 2021
Unha colección moi solicitada
Temos novos exemplares do "Diario de Greg". Mirade como nolo presentan Lola e Alma.
sábado, 9 de outubro de 2021
Máis novidades de actualidade
Queres saber máis sobre os volcáns? Este libro pode axudarte. Está cheo de información e de imaxes explicativas. Vaiche gustar seguro.
venres, 8 de outubro de 2021
Presentando algunhas novidades
Alumnado de 6º preséntannos alguns dos libros novos que temos na biblio. prestádelle atención.
mércores, 6 de outubro de 2021
Xa abrimos a biblioteca!
Boas a todo o mundo.
Este curso xa podedes vir polas tardes a levar libros da nosa biblioteca, tedes que entrar de un en un (ou dous: neo/a e máis un adulto).
Velaquí vos deixo o novo horario deste curso.
luns, 4 de outubro de 2021
venres, 10 de setembro de 2021
Compartindo imos aprendendo
Compartimos con toda a comunidade recursos variados que compartiron con nos no ano 2020 o equipo de bilbioteca do CEIPP da Riberia en O Porriño.
Ten moitos e variados enlaces a lecturas, experimentos, visita a museos, manualidades e máis.
Votádelle unha ollada e gozar da experiencia.
xoves, 2 de setembro de 2021
"A Biblioteca Escolar ten A Palabra"

martes, 22 de xuño de 2021
Despedida e vacacións
Xa rematamos as clases de este curso cheo de PROTOCOLOS. Aínda coas dificultades e medidas especiais o alumnado conseguiu adaptarse e avanzar. Vos deixo unhas fotos do alumnado de 6º.
martes, 15 de xuño de 2021
Recomendacións para o verán
Xa está a piques de rematar o curso e non queremos que vos falten unhas recomendacións de parte do Aquel.
Esperamos que vos gusten.
martes, 8 de xuño de 2021
luns, 7 de xuño de 2021
venres, 4 de xuño de 2021
Como se fai
Seguimos subindo os traballos de noso alumnado. Traballando na súa elaboración aprenden moitas cousas novas.
mércores, 26 de maio de 2021
Traballando os ciclos.
venres, 14 de maio de 2021
Semana do Libro diferente
Para a Semana do Libro, do 19 ao 23 de abril, propuxemos ao profesorado, representar con pistas ou/e disfraces un conto coñecido para adiviñar.
Cada mestre/a elixiu un conto, e durante esa semana trouxo pistas para que o alumnado tentase adiviñar de que conto se trataba. Ao final da semana se desvelaron os títulos elixidos por cada profesor/a.
venres, 7 de maio de 2021
luns, 3 de maio de 2021
Xela Arias, Letras Galegas 2021
Non vos dou datos a maiores, premede na imaxe e afundirvos no seu mundo a través dos recursos marabillosos que comparte a Real Academia Galega na páxina "Primavera das Letras"
Por se queredes máis recursos, velaquí tedes outros enlaces:
sábado, 1 de maio de 2021
venres, 23 de abril de 2021
Día da Terra con Odile Rodríguez de la Fuente
mércores, 21 de abril de 2021
martes, 6 de abril de 2021
venres, 26 de marzo de 2021
Semana da Prensa
Nesta ocasión pedimos ao noso alumnado que traballará conxuntamente o Día da Muller coa Semana da Prensa na escola. Tiñan que atopar novas que estivesen escritas por xornalistas mulleres, ou que tiveran mulleres coma protagonistas. Despois tiñan que comparar os resultados dos recortes atopados e facer unha reflexxión. Velaquí un exemplo.
Tamén participaron os/as máis pequechos/as
venres, 19 de marzo de 2021
Día Internacional da Narración Oral
Compartimos o Manifesto redactado por Fina Casalderrey para conmemorar o Día internacional da narración Oral
Organizado polo Festival Atlántica e coa colaboración de Sete falares e o NOGA (colectivo de Contacontos de Galicia) conmemoraremos o día cunha serie de espectáculos.
martes, 9 de marzo de 2021
Poesías en familia
Velaquí as aportacións feitas por algúns de vos, rimas en FAMILIA. Están cheas de enxeño e creatividade. Encántanos que participedes e nos fagades chegar as vosas creacións.
sábado, 6 de marzo de 2021
xoves, 4 de marzo de 2021
Día Internacional da Muller (8 de marzo)
Nesta data tan sinalada e reivindicada queremos deixar uns recursos interesantes para traballar en común.
Seguro que atopades algún que vos guste, informe e entreteña. Pasade un bo rato e investigade!
luns, 1 de marzo de 2021
Mes da poesía
Neste mes rimamos e atopamos a beleza literaria mediante a poesía. Queremos compartir algúns recursos para traballar o texto rimado. Esperamos que sexa de utilidade.
luns, 22 de febreiro de 2021
xoves, 18 de febreiro de 2021
Día de Rosalía 24 de febreiro
Murais
luns, 15 de febreiro de 2021
Entroido 2021
Este ano o Entroido foi ben distinto no colexio. Non saimos polas rúas ao son da música como outros anos, porén non faltou ánimo para o disfraz e o bo humor. Vos deixamos debaixo un enlace ás fotos de cada grupo par que vexades os seus disfraces.
domingo, 14 de febreiro de 2021
Día do amor e a amizade
Sabedes por que festexamos o 14 de febreiro o Día dos Namorados?
Aquí vos deixo un enlace coa explicación e outro máis cunha ficha moi sinxela que nos fai reflexionar sobre as personas que tanto queremos.
venres, 12 de febreiro de 2021
mércores, 10 de febreiro de 2021
Concurso "Contos de Nadal"
Hoxe repartimos os agasallos para as gañadoras do concurso "Contos do Nadal". Velaquí unha foto coas gañadoras, o seu agasallo e o diploma.