Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
martes, 30 de novembro de 2021
Aprendendo acerca da Diversidade Funcional
Vos deixamos esta imaxen interactiva con recursos diversos para traballar e coñecer máis sobre o tema.
venres, 19 de novembro de 2021
Aprendendo a xogar como antes.
Hai apenas uns días o Consello da Cultura Galega e o Observatorio do Patrimonio Lúdico presentaron unha páxina web e unha aplicación para teléfonos móbiles que teñen por finalidade que se poida poñer en marcha un xogo tradicional galego só con 1 minuto de consulta.
Tamén se pode descargar a aplicación para móbiles desde Google Play ou App Store buscando por "Xogos tradicionais".
Tamén se pode descargar a aplicación para móbiles desde Google Play ou App Store buscando por "Xogos tradicionais".
venres, 12 de novembro de 2021
|
mércores, 3 de novembro de 2021
martes, 2 de novembro de 2021
Mes da Ciencia en Galego
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
Se queredes aceder a toda esta información premede na imaxen.
luns, 1 de novembro de 2021
Cociñamos contigo
Xa estamos no outono e gustaríanos cociñar esas receitas tradicionais e saborosas que sabedes facer mellor que ninguén, esas que permanecen na fala da xente. Actualizaremos esta publicación coas vosas achegas.
Cociñamos xuntos? de Aquel de Frións
Audioconto de "medo"
Compartimos con vos este audioconto proposto polo EDNL e gravado polo alumnado de 6ºB no tempo de Samaín,premede na imaxe para velo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)