DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
8 DE MARZO
Mostra de traballos realizados polo alumnado
Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
Nos cremos que é importante coñecer o "porqué" das cousas, por iso presentamos estes recursos que poden explicar de forma sinxela cando comezou esta conmemoración e porqué é tan importante.
DÍA DA MULLER (orientacióncondesa)
Velaqui o libro cheo de mulleres importantes para o alumnado de 6º de INFANTIL. Se queredes ollar tódalas páxinas, tedes que vir visistar a biblioteca do cole. 👀
Nesta ocasión pedimos ao noso alumnado que traballará conxuntamente o Día da Muller coa Semana da Prensa na escola. Tiñan que atopar novas que estivesen escritas por xornalistas mulleres, ou que tiveran mulleres coma protagonistas. Despois tiñan que comparar os resultados dos recortes atopados e facer unha reflexxión. Velaquí un exemplo.
Tamén participaron os/as máis pequechos/as
Nesta data tan sinalada e reivindicada queremos deixar uns recursos interesantes para traballar en común.
Seguro que atopades algún que vos guste, informe e entreteña. Pasade un bo rato e investigade!
Nesta data compartimos con toda a comunidade unha narración que nos fan chegar para recordarnos que as mostras de cariño, os bicos (beixos) e os apertas non se forzan, se dan libremente e se reciben cando gustan. Porque o cariño á forza é tamén violencia.





