Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de outubro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, unha data moi especial para lembrar a importancia dos libros, da lectura e de todos os espazos onde a imaxinación se convirte en palabras.
E que mellor maneira de celebralo que poñendo en marcha un dos proxectos que máis ilusión nos fai cada curso escolar... As mochilas viaxeiras!


As nosas mochilas xa están en camiño ás vosas casas.
Gracias pola colaboración familias.



luns, 19 de novembro de 2018

A aventura do Aquel

Velaquí tedes o vídeo que editamos a partires do conto elaborado entre todo o alumnado de Frións para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.
Cada curso encargouse dunha folla e o seu respectivo texto, que foron engadindo de xeito encadeado ata rematar o conto.
Presentámolo na biblioteca usando o kamishibai, cunha lectura compartida entre todo os cursos.



Tamén vos deixamos algunhas fotos do día da presentación do conto. Todo o cole pasou pola biblioteca para gozar co resultado deste procto en común.








venres, 13 de novembro de 2015

Obradoiro de encadernación

Este ano para conmemorar o día internacional das bibliotecas escolares buscamos xente da nosa comunidade que tivesen oficios relacionados cos libros. Convidamos ao noso centro ao equipo de encadernación de AMBAR (Asociación de Minusválidos da Barbanza).
Empeza a explicación
Truxeron parte do equipamento que empregan para encadernar os libros, e ensináronnos de xeito sinxelo e moi gráfico como o fan.
Aquí tedes un vídeo da visita. Disfrutádeo!

mércores, 23 de outubro de 2013

MIMADRIÑA! 29 de Outubro día das Bibliotecas

Atrasamos a celebración con motivo do día das bibliotecas o 24 de outubro, ata o vindeiro martes 29 de outubro e descubriremos Mimadriña!, a obra en papel feita a man de Palmira Castro Marcote de Sardiñeiro, Fisterra... Seguide atentos ao que aconteza na casa do Aquel ;-))

luns, 24 de outubro de 2011

Día das bibliotecas

3 Día Das Bibliotecas