xoves, 25 de febreiro de 2016

COMEZAMOS O PROA

Os nenos/as de PROA comezan con moita ilusión este novo curso 2015/2016. Ánimo rapazada que as tardes son para crear e creer que podemos facer todo o que nos propoñamos!!!!

20160307_174313_HDR

/>20160224_173451_HDR
20160302_172753_HDR

mércores, 24 de febreiro de 2016

Carlota e Antonio de 5º curso, poemando por Rosalía

Antonio leu o poema de "maio longo" e Carlota o de "máis ve que o meu corazón" a un público de 3 anos que prestou moita atención na hora de ler.

24F lendo a Rosalía

O alumnado de 5º curso, neste día adicado á escritora de Padrón, foi polas aulas do centro lendo poemas sacados do libro "Escolma poética" de Rosalía de Castro. O recitado foi escoitado con gran atención, espertando os soños poéticos da rapazada.

IMG-20160224-WA0003

IMG-20160224-WA0002

IMG-20160224-WA0004

IMG_20160224_125700

mércores, 17 de febreiro de 2016

Lendo poesía

No mes do AMOR e a AMIZADE quixemos gozar da poesía e o seu son musical, de paso que practicamos léndoa. Aínda estamos a aprender pero gústanos como soa.

luns, 15 de febreiro de 2016

CONCURSO “ ATOPA O POEMA”

Na semana do 15 ao 19 de febrero, os frionciños/as, tedes unha “cita con corazón” na biblioteca do Aquel. Atrévete a buscar nos libros de poesía o poema que aparece e identificalo co seu autor e título de libro. Logo completa o corazón coa información requerida, coa mellor letra que teñas e coidando a presentació, como se fose para o teu amor!.

Fíxate que hai distintos niveis, busca o máis acorde a túa idade. Anímate a atopar o teu poema, premiaráse a participación!.

IMG-20160217-WA0000

IMG-20160217-WA0001

domingo, 14 de febreiro de 2016

Un Entroido moi "profesional"

Que boa idea!. O Aquel inspirounos á hora de elixir o disfrace de Entroido de acordo á vestimenta de diferentes oficios, que é o tema do noso proxecto anual.
Para confeccionar o disfrace, primeiro informámonos da roupa que adoitan levar as profesións representadas e engadirlle un chisco de encanto e imaxinación.
Aquí tedes unha mostra de cada curso. Fixemos un desfile polo barrio e desfrutamos despois dos doces típicos, ñam, ñam. Gracias ás familias pola súa deliciosa colaboración!

Os cociñeiros de 4º de Infantil

Chefs 4ºI

Os xardiñeiros de 5º de Infantil

Jardineros 5ºI

Os policÍas locais de 6º de Infantil
Polocía Local 6ºI

Os cirurxáns de 1º curso

Cirujanos 1º

Os carteiros de 2º curso

Carteros 2º

Os bombeiros de 3º curso

Bomberos 3º

Os xuices ingleses de 4º curso

Jueces 4º

Os camareros de 5º curso

Camareros 5º

Os xogadores de futbol americano de 6º curso

Rugby 6º