Visitounos Raquel Queizás e contounos unha historia moi entretida. Converteuse nunha detective que investigaba o caso da desaparición dunha rapaza, perdida no bosque cando ía de excursión cos/oas compañeiros/as. Descubrimos o que lle acontecera e aprendemos tamén moitas cousas sobre a DIABETES.
Velaquí tedes o vídeo que editamos a partires do conto elaborado entre todo o alumnado de Frións para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.
Cada curso encargouse dunha folla e o seu respectivo texto, que foron engadindo de xeito encadeado ata rematar o conto.
Presentámolo na biblioteca usando o kamishibai, cunha lectura compartida entre todo os cursos.
Tamén vos deixamos algunhas fotos do día da presentación do conto. Todo o cole pasou pola biblioteca para gozar co resultado deste procto en común.