O alumnado de 6º curso representou no festival de nadal a obra plurilingüe (inglés/galego): De San Alberto ata o mar: unha viaxe Lendaria. Valverde´s Story", elaborada polo alumnado de 6º de primaria no curso 2006-07, cunha temática relacionada co entorno natural da zona e que nos fala da lenda sobre o asolagamento do pobo de Valverde.
Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
luns, 22 de decembro de 2014
venres, 19 de decembro de 2014
Nadal no Mundo
xoves, 18 de decembro de 2014
Vivindo o nadal en Frións 2014-15
Chegou o nadal a Frións e o cole vestiuse con aires navideños do mundo enteiro...sen esquecer o Apalpador que revisará as barriguiñas ben fartiñas!!!
venres, 12 de decembro de 2014
Os alumnos de 4º curso versionando contos
Os alumnos de 3º curso versionando contos
martes, 9 de decembro de 2014
Contos Vellos, Novos Finais
O pasado 25 de Novembro e no marco da programación do Concello de Ribeira para conmemorar o dia internacional contra a violencia de xénero, o grupo Caxato Contacontos convidounos a tódolos primeiros cursos dos colexios do concello a asistir ó auditorio de Ribeira para ver a obra: "Contos vellos, novos finais" Así que acudimos os alumnos de primeiro curso do cole de Frións. Pasámolo moi ben e axudounos a ter outra perspectiva do que é a violencia de xénero.[gallery ids="2034,2029,2030,2031,2032,2033,2035,2038"]
xoves, 4 de decembro de 2014
Charla sobre reciclaxe
Visita ó Ecoparque de San Roque
martes, 2 de decembro de 2014
No Magosto divertímonos moito
No Magosto divertímonos moito
Este Magosto foi todo un acontecemento no cole de Frións!! Na porta principal montouse unha exposición artística inspirada no Outono. Tamén fixemos un montón de xogos populares: os birlos, a culleriña, as chapas, os zancos, a ra... e como remate final, comemos unha morea de castañas!!
[gallery columns="4" ids="1932,1933,1939,1940,1924,1928,1930,1931,1929,1934,1935,1937,1938,1941,1945,1950,1952,1953,1956,1959,1961,1964,1965,1969,1971,1975,1980,1982,1987,1990,1943"]

Carreira de Campo a Través na Fieiteira
O pasado Venres 28 de Novembro o Cole de Frións participou nas carreiras de campo a través que se celebraron no campo da Fieiteira. Foron moitos os alumnos que se animaron a participar por parte do cole de Frións e que conseguiron grandes éxitos e incluso medallas tanto a nivel masculino coma feminino.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)