Un libro pode ser un bo agasallo nestas datas, tan bo coma calquera outro. Desde a biblioteca de Frións presentamos algunhas ideas interesantes. E de paso desexarvos un BO NADAL a toda a comunidade.
Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
venres, 20 de decembro de 2019
luns, 9 de decembro de 2019
Tradición Oral
Boas familias! Aquí expoñemos a selección feita grazas ás vosas achegas de Xogos da vosa infancia. De todas elas escollemos unhas poucas. Esperamos que gocedes véndoas. Saudiños.
sábado, 7 de decembro de 2019
xoves, 28 de novembro de 2019
Día Internacional da Discapacidade
Xa está a volta da esquina a conmemorción do Día sinalado. Queremos poñer ao voso alcance uns cortos moi educativos para todos e que dan pé a conversas significativas e enriquecedoras.
Animádevos a velos xuntos!
luns, 25 de novembro de 2019
Día Internacional pola elimininación da violencia contra a muller
Así traballamos esta ano a non violencia contra a muller no colexio, facendo un unha actividade inclusiva donde todos e todas podan participar e aprender a convivir con respecto e paz.
luns, 11 de novembro de 2019
SAMAGOSTÍN
Como no curso pasado celebramos o “Samagostín”, mestura de Samaín e Magosto. Participamos en Xogos Tradicionais e comemos castañas. Pasámolo xenial. Preme na imaxe para ver todas as fotos.
venres, 8 de novembro de 2019
venres, 4 de outubro de 2019
xoves, 3 de outubro de 2019
Lema das Bibliotecas Escolares 19/20

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.
E nos desde o CEIP PL de Frións seguimos traballando para facer que isto sexa unha realidade entre nos. Vinde a nosa biblioteca e participade connosco de todo o que vos ofrece. ESPERÁMOSVOS!!!
E nos desde o CEIP PL de Frións seguimos traballando para facer que isto sexa unha realidade entre nos. Vinde a nosa biblioteca e participade connosco de todo o que vos ofrece. ESPERÁMOSVOS!!!
venres, 21 de xuño de 2019
Lecturas para o verán
Xa rematamos o curso pero non as ganas de aprender, gozar e viaxar coa imaxinación. Facemos unha pequena recomendación de lecturas para pasar un bo rato entre praya, piscina e paseo.
Vémonos á volta. Bo verán a todos!
martes, 11 de xuño de 2019
QUE É PROA?
Un curso máis damos por rematado PROA 😃
A nosa última publicación é para mostrarvos o vídeo creado polo alumnado explicando coas súas palabras en que consiste a clase de PROA.
Esperamos que vos guste e, igualmente, que sirva como medio de información a toda a comunidade educativa do CEIP de Frións.
Bo verán 🌞 Saúdos do alumnado de PROA e da mestra.
martes, 4 de xuño de 2019
Medios de comunicación
Xa vamos editando e subindo os traballos sobre medios de comunicación elaborados polo alumnado.
Aquí vos deixo o feito por 6º sobre a prensa escrita. Votádelle unha ollada.
venres, 31 de maio de 2019
CÓMICS
Xa están aquí os cómics de PROA!
Durante todo o mes de maio o alumnado estivo elaborando as súas propias historias empregando o programa "PIXTON para divertirse".
No centro tiveron moito éxito, animádevos a lelo!
Durante todo o mes de maio o alumnado estivo elaborando as súas propias historias empregando o programa "PIXTON para divertirse".
No centro tiveron moito éxito, animádevos a lelo!
martes, 7 de maio de 2019
mércores, 24 de abril de 2019
Letras Galegas
ANTÓN FRAGUAS
![]() |
Imaxe tomada de "Primavera das Letras" |
Como noutras ocasións deixovos a continuación uns enlaces para descubrir a vida e obra deste home. Investigade! Ler! e gozar coñecendo moitas cousas sobre él.
martes, 23 de abril de 2019
Día Mundial do Libro
Díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019
Nesta ocasión, a poeta, profesora, narradora e académica Marilar Aleixandre cedeu xenerosamente un poema para esta pequena peza de difusión do Día do libro.
xoves, 11 de abril de 2019
CONCURSO MASTERCHEF
Este
curso escolar 2018-19 realizouse a 1ª
edición do concurso Masterchef en Frións,
no que os alumnos/as do PROA participou, divididos en 3 equipos por sesión.
Durante
esta actividade, os alumnos/as elaboraron un menú completo, que incluía 1º prato, 2º
prato e sobremesa. Tras a elaboración das receitas, tiveron que transcribir o proceso
nun folio e presentar oralmente o seu menú ás mestras, que exerceron de xuíces.
luns, 8 de abril de 2019
luns, 11 de marzo de 2019
mércores, 6 de marzo de 2019
Día Internacional da Muller 2019
domingo, 3 de marzo de 2019
SLIME
O alumnado de PROA pasou unha xornada moi divertida aprendendo a facer slime.
Deixámosvos as mostras 💪
Deixámosvos as mostras 💪
venres, 22 de febreiro de 2019
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Xa temos no noso cole a escultura e o Totem que comezamos no taller impartido pola asociación ÁMBAR co motivo do Día internacional das persoas con diversidade funcional, aló polo mes de decembro. Asistimos os alumnos e alumnas de quinto e sexto. Foi unha experiencia divertida , artística, inclusiva e gratificante para todos. Grazas AMBAR!!
domingo, 17 de febreiro de 2019
Dia de Rosalía de Castro
Preme na imaxen para acceder ás propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para este
24 de febreiro de 2019
Sumámonos á porposta #LibreOMeuPensamento_rdc_19 facendo unha manifestación con pancartas cheas de lemas, recordando as palabras da autora con música e lecturas.
luns, 11 de febreiro de 2019
Día Mundial da Radio 2019
En liña co noso proxecto de Biblioteca anual, o 13 de febreiro conmemoramos o Día Mundial da Radio. Velaquí tedes un enlace con información e recursos para todos aqueles que queirades un anaquiño máis de coñecemento sobre o tema. 😉
![]() |
Nos fixemos unha pequena gravación cunha breve explicación sobre o tema.
domingo, 10 de febreiro de 2019
domingo, 27 de xaneiro de 2019
Día Escolar da PAZ e a non violencia
Premede nos enlaces para acceder a recursos divertidos e interesantes sobre o Día Esoclar da paz e a non violencia. Para aprender no cole ou na casa.
😃 Para PROFES y PADRES
😃 Educación 3.0
😃Recursos PINTEREST
😃 Educación 3.0
😃Recursos PINTEREST
luns, 14 de xaneiro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)