venres, 26 de marzo de 2021

Semana da Prensa

Nesta ocasión pedimos ao noso alumnado que traballará conxuntamente o Día da Muller coa Semana da Prensa na escola. Tiñan que atopar novas que estivesen escritas por xornalistas mulleres, ou que tiveran mulleres coma protagonistas. Despois tiñan que comparar os resultados dos recortes atopados e facer unha reflexxión. Velaquí un exemplo.

          Tamén participaron os/as máis pequechos/as

venres, 19 de marzo de 2021

Día Internacional da Narración Oral

Compartimos o Manifesto redactado por Fina Casalderrey para conmemorar o Día internacional da narración Oral

Organizado polo Festival Atlántica e coa colaboración de Sete falares e o NOGA (colectivo de Contacontos de Galicia) conmemoraremos o día cunha serie de espectáculos.




martes, 9 de marzo de 2021

Poesías en familia

 Velaquí as aportacións feitas por algúns de vos, rimas en FAMILIA. Están cheas de enxeño e creatividade. Encántanos que participedes e nos fagades chegar as vosas creacións.

xoves, 4 de marzo de 2021

Día Internacional da Muller (8 de marzo)

Nesta data tan sinalada e reivindicada queremos deixar uns recursos  interesantes para traballar en común.

Seguro que atopades algún que vos guste, informe e entreteña. Pasade un bo rato e investigade!



luns, 1 de marzo de 2021

Mes da poesía

 Neste mes rimamos e atopamos a beleza literaria mediante a poesía. Queremos compartir algúns recursos para traballar o texto rimado. Esperamos que sexa de utilidade.