sábado, 23 de outubro de 2021


 "As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio". 

Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir."

Se queredes saber máis sobre o traballo das Bibliotecas Escolares premede na imaxen >

xoves, 21 de outubro de 2021

Guía para a compostaxe

 No cole de Frións temos un contedor para compostaxe. Queremos que todo o mundo coñeza o xeito correcto de usalo, entón,  a nosa compañeira Inma editou esta infografía moi visual. 

Espero que vos sexa útil.

martes, 19 de outubro de 2021

Recursos para o Samaín

 Nesta ocasión compartimos a selección de recursos que elaborou o equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole. De seguro atopades algún que vos guste.


luns, 11 de outubro de 2021

sábado, 9 de outubro de 2021

Máis novidades de actualidade

 Queres saber máis sobre os volcáns? Este libro pode axudarte. Está cheo de información e de imaxes explicativas. Vaiche gustar seguro.

Los volcanes. Javier y Germán de Aquel de Frións

venres, 8 de outubro de 2021

mércores, 6 de outubro de 2021

Xa abrimos a biblioteca!

 Boas a todo o mundo.

Este curso xa podedes vir polas tardes a levar libros da nosa biblioteca, tedes que entrar de un en un (ou dous: neo/a e máis un adulto).

Velaquí vos deixo o novo horario deste curso.

Se queredes ler as normas da nosa biblioteca premede na imaxe do horario.