Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
martes, 20 de decembro de 2016
Recomendacións Nadal 2016
Aquí tedes algunhas ideas para os vosos nenos e nenas. Un libro axúdalles a soñar e descúbrelles un mundo cheo de cousas por coñecer.
Novidades de Decembro 2016 desde os apadriñamentos
O alumnado de 6º curso leulle moitos contos os luns, no proxecto lector, aos peques de 3 anos neste primeiro trimestre.
Queren aproveitar para facernos recomendacións lectoras coas novidades que entraron na biblioteca para o nadal.
Queren aproveitar para facernos recomendacións lectoras coas novidades que entraron na biblioteca para o nadal.
Postais do Nadal
Aquí vos deixamos unha mostra das postais que fixeron os alumnos/as xunto coas súas familias para o concurso de postais que organizamos cada ano. Aproveitámolas para decorar o cole. Moitas grazas por participar e ... FELICES FESTAS!
mércores, 7 de decembro de 2016
Charla micolóxica ao Equipo Cogomelo.
O alumnado de 3º nivel, entre os que se atopa o "Equipo Cogomelo, tiveron hoxe a un auténtico especialista no eido micolóxico, Jesús Manuel Parada, presidente da asociación Refungando en Ribeira. Contounos moitas e interesantes cousas: diferencia entre fungo e cogomelo, as súas partes, as diferentes clases, a importancia que ten ser coidadoso á hora de coller as setas...
Logo fixemos un percorrido polo patio na procura de especies...e algo atopamos. Continuará...
Logo fixemos un percorrido polo patio na procura de especies...e algo atopamos. Continuará...
xoves, 1 de decembro de 2016
Lendo e compartindo letras e agarimos
O alumnado de 6º curso, como ven facendo en anos anteriores, fai lecturas ao alumnado de infantil. Este trimestre comezamos cos pequerrechos de 3 anos, que gustan de escoitar aos Bolechas en calquera recuncho do cole: dentro ou fóra, en escaleiras ou colchonetas...calquera sitio é bo para deixarnos envolver por "letras con agarimo".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)