Dende PROA organizámolo concurso "DE QUEN FALO?" no que poderán participar tódolos/as alumnos/as do centro dende o día 30 de maio ata o 10 de xuño.
O alumnado que asiste aos dous grupos do pograma, describiu ao persoal do centro ao seu xeito, con detalles moi naturais, sen dar pistas evidentes, para que adiviñemos "quen veñen sendo".
As bases e os carteis estan expostos na biblioteca, así como as papeletas e a urna para votar.
Animádevos a adiviñar as descripcións de quen é quen!!
Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
martes, 31 de maio de 2016
mércores, 25 de maio de 2016
Obradoiro de Matemáticas: Médoto ABN
Alumnado de 4º e 5º de primaria, inscrito previamente, e o grupo 1 de alumnado que asiste a PROA, en total uns vinte alumnos e alumnas, desfrutaron mogollón co profe Juan do CEIP Nebra en Sobrado, Porto do Son. No seu colexio, todos os cursos traballan co método ABN para o desenvolvemento da competencia matemática, cun resultado altamente satisfactorio para o alumnado.
Durante unha hora e media, nunha sesión de tarde, a rapazada de Frións, vivenciou outro xeito de ver os números e facer algoritmos, con xogos como: facer margaritas de números, táboas de sumas, "buscar amigos dos números", sumar con palillos, trucos cos dedos da man para multiplicar...
A motivación foi moita, nesta iniciación ao algoritmo ABN, unha metodoloxía difenrente que desenvolve o cálculo mental dun xeito máis espontáneo e natural.

luns, 23 de maio de 2016
Mar Romera: "educa con amor, en equipo mellor"
As orientadoras que organizamos as Escolas de Familia de colexios de Aguiño, Frións e Pobra, rematamos moi satisfeitas co clima creado coas familias a través desta actividade. A través destas xuntanzas, pretendemos dar resposta a cuestións relativas á educación dos seus fillos e fillas, nun clima de intercambio de experiencias e reflexións sobre temas de actualidade e as dificultades que nos atopamos no cotiá.
Como peche desta rica experiencia, as familias tiveron a sorte de poder escoitar a Mar Romera Morón, presidenta da Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci. Falou con emoción aos pais, as nais e a outros invitados asistentes á súa charla, de dúas horas de duración e que souberon a pouco... Transmitiu coa seguridade de quen sabe do que fala e co exemplo de quen o vive, verdades como:
"A EMOCIÓN VAI ANTES QUE A RAZÓN", e ata o explicou escenificando as partes do cerebro.
"O medo, a culpa, o asco, o enfado...bloquean a resposta racional"
"Busca que os teus fillos APRENDAN A VIVIR, pretender que sean felices é un estado químico e como tal curto e adictivo"... Reflexión: hoxe en día aumentou o consumo de drogas na rapazada.
"¿Pensades que éxito e felicidade son o mesmo?, ¿Cómo podemos garantir o éxito nos nosos fillos e fillas?
"Temos aos nosos nenos e nenas enlatados e os nenos precisan autonomía, responsabilidades, límites...e xogar, ensuciarse, caer e levantarse".
"Preparemos aos rapaces e rapazas para ser fortes, para os cambios...que descubran as súas fortalezas co fin de ofrecerlles desde ahí mellores posibilidades".
"Se entrenamos as súas capacidades, o seu potencial, farémolos competentes... potenciando crencias, espectativas, convenceranse de que poden".
"Non posuimos unha única intelixencia, somos un conxunto de varias que fan que cada individuo sexa diferente, pois a "configuración" das diferentes intelixencias é única (Ken Robinson).
Sólo se pode aprender desde C.A.S.A.: Curiosidade; Admiración; Seguridade; Alegría
Non se aprende desde P.I.S.A.: Presión/prisa; Incomprensión/intolerancia; Standar/Soidade; Ansiedade/angustia/aburrimento.
Libro recomendado: "Neurociencia, sólo se puede aprender aquello que se ama" Francisco Mora.

Actuación de "Monifates"
Menudo luns tivemos!!!! En colaboración coa ANPA, todo o alumnado do centro puido desfrutar da actuación do dúo musical da contorna "Monifates", composto por Alberto Millán e Xosé Piñeiro.
A rapazada de Frións quedou prendada do bo facer destes dous artistas, que troixeron un montón de instrumentos feitos con aparellos cotiás, e uns bailaríns moi especiais, uns títeres que bailaron ao son da música.
Son uns verdadeiros "homes orquestra"!!!!

Lendo á sombra 2016
Outro ano máis os aqueliños e as aqueliñas de Frións, sairon ao bosque do seu patio para espallar palabras ao vento da primavera. Celebramos así o maio lendo con afecto en grupos de idades mixturadas, co calorciño do sol e coa caricia das verbas ben aqueladas.
Actividade realizada en coordinación co ENDL.

mércores, 18 de maio de 2016
CHARLA DE MAR ROMERA A TRAVÉS DOS “ENCONTROS COAS FAMILIAS”
O xoves día 19 de maio ás 7 da tarde, no auditorio Valle Inclán na Pobra do Caramiñal, as familias podedes asistir a unha charla ao cargo da psicopedagoga e especialista en Intelixencia Emocional, Mar Romera. É unha ocasión única de disfrutar dunha experta en educación e namorada da infancia, que ten a deferencia de ofertar esta xuntanza coas familias de distintos coles do Barbanza a través das Escolas de Familia. Animádevos a asistir para desfrutar desta gran comunicadora!.
Charla de mar romera
Charla de mar romera
sábado, 14 de maio de 2016
Receitas de 2º curso
Que actividade tan chula fixo o alumnado de 2º curso coas súas familias. Desde a escola traballamos coas receitas de cociña como recurso que facilita o desempeño da competencia matemática, lingüística, social, creativa, motriz, sensorial… e solicitamos a colaboración de pais en nais para que se meteran na cociña cos seus fillos e fillas.
Coa finalidade de empregar os recursos tecnolóxicos como ferramenta motivadora para a rapazada, a proposta foi que gravaran un video titorial curto, do proceso de elaboración dunha sinxela receita. Enviamos unha selección de alimentos e utensilios de cociña en galego, como guía para empregar algún na explicación e na recollida dos pasos da receita para traer á escola.
E aquí tedes o resultado, con receitas do máis orixinal, cunha desenvoltura de profesionais e cun emprego axeitado de vocabulario en galego. Non deixedes de velos e tomar nota!!!!
Xian Portela Fontán e a súa irmá Adriana:
Miguel Gonzalez Villaverde:
Miguel Cadaval Franco e a súa irmá Ariadna:
Raúl Santos Suarez
Marcos Pouso Blanco:
Claudia Vidal García:

venres, 13 de maio de 2016
Día das Letras Galegas 2016: Manuel María
Desde a Biblioteca do CEIP pl. Frións, en colaboración co ENDL sumámonos ás homenaxes con motivo do Día das Letras Galega ao poeta lucense Manuel María.
Contribuímos a nivel de todo o centro, con distintos traballos expositivos en murais vistosos e coloridos. Tamén cunha exposición de apeiros tradicionais e obxectos de casas de labranza e reproducimos unha presentación musicada, elaborada polo coordinador das TICs, con imaxes do poeta e a súa obra e cancións coas súas letras. Proxectarémola continuamente na entrada do centro durante esta semana e tamén na vindeira.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)