Amosando publicacións coa etiqueta Cousas do PLAMBE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cousas do PLAMBE. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de setembro de 2022

Lema e cartel das Bibliotecas Escolares 2022/23

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 


A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.

A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.
SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN, PREMEDE AQUÍ

martes, 2 de novembro de 2021

Mes da Ciencia en Galego

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
Se queredes aceder a toda esta información premede na imaxen.

sábado, 23 de outubro de 2021


 "As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio". 

Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir."

Se queredes saber máis sobre o traballo das Bibliotecas Escolares premede na imaxen >

xoves, 2 de setembro de 2021

"A Biblioteca Escolar ten A Palabra"

 Xa estamos de volta. 👋
Velaquí o cartel e o lema deste curso das Bibliotecas escolares de Galicia. 

A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.

Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento.

Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.

Se queredes  máis información, premede na imaxe. 
 

mércores, 6 de xaneiro de 2021

Novas sinalizacións

 Desde a Xunta enviarónnos nova cartelería para sinalizar o camiño á Biblioteca do cole. 

Tamén este ano o alumnado de 6º curso elaborou uns carteis coas normas que temos que seguir cumprindo o protocolo COVID.

luns, 5 de outubro de 2020

LEMA PLAMBE

O lema e o cartel publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Asesoría de Bibliotecas Escolares) para as bibliotecas escolares de Galicia cara a este curso 2020/21, «Xeografías lectoras na biblioteca escolar», quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon á disposición da comunidade educativa.

xoves, 3 de outubro de 2019

Lema das Bibliotecas Escolares 19/20


A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.

E nos desde o CEIP PL de Frións seguimos traballando para facer que isto sexa unha realidade entre nos. Vinde a nosa biblioteca e participade connosco de todo o que vos ofrece. ESPERÁMOSVOS!!!

luns, 22 de outubro de 2018

Lema Bibliotecas Escolares 2018/19


POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.

domingo, 8 de outubro de 2017

Lema Bibliotecas Escolares 2017/2018


"Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas..." 
Este é parte do texto que interpreta a ilustración. Se quere ler todo o texto prema na imaxen.

domingo, 23 de abril de 2017

Día Mundial do Libro 2017

Un ano máis chegou a data por excelencia para os amigos e amigas da lectura. Nesta ocasión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un marcapáxina cun texto orixinal da poeta galega Rosalía Fernández Rial, agasallando os nosos ollos, oídos e mesmo o corazón.



martes, 21 de febreiro de 2017

Biografía de Rosalía

Xa esta ao virar a esquina o 24 de febreiro, día de Rosalía, e queremos compartir con todos a súa biografía, elaborada por compañeiros do CEIP López Ferreiro.
Gozádea e compartila.

mércores, 26 de outubro de 2016

Día das bibliotecas con Amicos e o conto "El monstruo de colores"

Alumnos do CEEPR Amicos, viñeron ao CEIP plurilingüe de Frións a contarnos o conto "Monstruo de colores". Aproveitando a celebración do día das bibliotecas escolares, disfrutamos da escenificación deste conto na biblioteca do cole. Alfonso, un dos usuarios que acode ao centro Amicos, veu con seis compañeiros máis a contar este conto das emocións que tanto nos gusta, ao alumnado de Educación Infantil e aos de 1º nivel de primaria. Non será unha ocasión única, faremos máis cousas xuntos!!!













luns, 10 de outubro de 2016

Carta do Aquel, comezamos coas fábulas, mitos, lendas e outras verbas.

O alumnado do cole recibiu unha carta do paxariño amarelo. A mascota da biblioteca quere propoñernos investigar sobre mitos, fábulas e lendas. Seguro que nos xurdan moitas verbas, que neste trimestre serán poemadas e faladas.



img_2935 img_2936

xoves, 21 de abril de 2016

23 de abril;Día Mundial do Libro 2016

Achégase unha das datas máis significativas para as Bibliotecas, o "Día Mundial do libro". Nesta ocasión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un pequeno díptico cun fermoso texto, agasallo do autor Pedro Feijó que nos gustaría compartir con todos vos. Se o queredes ver mellor ou descargar, premede no enlace: DÍPTICO
Díptico día do libro
[caption id="attachment_2493" align="alignleft" width="450"]Díptico Díptico[/caption]
Díptico

mércores, 18 de marzo de 2015

Novas de ciencia...2015

Cada día hai unha nova de ciencia e os doutores peteiro de 4º curso están á súa búsqueda en distintos medios: na rede, nos periódicos, nas revistas... para compartilas, dalas a coñecer e difundilas desde Frións...ao resto da comunidade...;-)

OLYMPUS DIGITAL CAMERADSC_1478

DSC_1460DSC_1459

venres, 19 de decembro de 2014

Nadal no Mundo

Este ano o Nadal viaxeiro levounos a moitos lugares do mundo e vimos que as nosas non son as únicas que existen... Vimos a Babushka rusa, a Befana italiana, os duendes e os calcetíns de San Nicolás, o Olentzero de Euskadi, o Tió catalán, O Grinch, e por suposto, Santa Claus e os Reis Magos.

9486_10205420317088738_7309120100093507751_n 10696265_10205420337489248_2478105093245558718_n

10505460_10205420354089663_2341195403331400279_n 10868178_10205420356289718_6633660924257689424_n

venres, 30 de novembro de 2012

Familias de contacontos de ratos interculturais

30 DE NOVEMBRO DE 2012

Esta semana, estiveron expostos os contos de ratos traídos da casa, onde, ou ben o protagonista ou alguna personaxe, era un rato ou unha rata (animais orelludos, rabudos, fedelludos e moi agudos).
O venres 30, entregamos os premios do concurso de “Escritos curtos rimados de Outono”, que estivo moi concurrido e faremos con todos os relatos, un libro para o cole.
Aproveitamos este acto, para contar coa presenza do papá e da mamá de dous alumnos árabes do cole, que nos contaron un conto de ratos, en árabe e castelán, ¡desfrutamos coma ratiños!.

mércores, 24 de outubro de 2012

Día das bibliotecas escolares

MÉRCORES 24 DE OUTUBRO DE 2012

Con estas reflexións, recollidas nos últimos Encontros de Bibliotecas Escolares, celebramos o 24 de outubro, día Internacional das Bibliotecas Escolares.
“Entendemos as bibliotecas escolares, como espacios de creación colectiva, centradas en funcións, como catalogar, conseguir fondos, organizar... pero tamén centradas nos suxeitos (alumnado, profesorado, familias).
Os libros de texto, son como manuais onde está o esencial, ainda que para ser máis competentes, a biblioteca facilitará a exploración, o intercambio a comunicación, e será un espacio flexible que axude a recuperar intereses, necesidades e axude a trazar pontes co currículo”.



Dentro das celebracións, nesta semana das Bibliotecas, o venres, 26 de outubro, de 16:30 a 17:30 horas, na sala de lectura, distrutamos dun conto en inglés para toda a familia. A relatora, Veriti, é unha nativa inglesa que tamén nos contou a súa experiencia de cómo aprendeu español, empregando a bilioteca e cómo é a súa vida nunha aldea do sur de Lugo, no Saviñao.

venres, 12 de outubro de 2012

Proxecto da biblioteca

OUTUBRO DE 2012
PROXECTO DE BIBLIOTECA
Hoxe facemos un anuncio moi especial.

O Equipo de Biblioteca e o Aquel, xa demos forma ao novo PROXECTO DE BIBLIOTECA E DE ANIMACIÓN Á LECTURA deste curso 2012-13 e parécenos que xa é tempo de dar a coñecer o tema escollido...
...este curso imos traballar arredor dun tema, rabudo, bigotudo e fedelludo..........

……… os “RATOS”, través dun proxecto que imos titular:
LENDO CONTOS DE RATOS CON TALENTO
E podedes consultalo na páxina web do centro:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrions/
Todo o traballo que vaiamos facendo ao longo do curso sobre o tema e todos os recursos que recompilemos estarán á vosa disposición no blogue, trimestralmente, coa carta do Aquel e nas propostas mensuais.
Continuaremos actualizando as novidades, calendarios e fondos da biblioteca por festividades.

domingo, 5 de xuño de 2011

Vai cheghando o tempo de estomballarse

Rechuiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiccc


Vídeo feita pola comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán de A Coruña, cousa bonita!!

Musica de A Banda da Balbina... moita alegría dá esta rapaza!!!!!!