Velaquí algúns vídeos con contos de medo.
No seguinte enlace podedes atopar os fondos que temos na biblioteca do cole para traballar neste tempo do Samaín: contos de medo, de bruxas, vampiros, monstros, fantasmas, ogros, esqueletos e moito máis.
Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
Bos días lectores e lectoras!
Como chegan tantos días agora de vacacións, tamén podemos desfrutar lendo! A continuación tedes unha páxina onde podedes encontrar unhas recomendacións lectoras moi boas. Entrade no seguinte enlace e investigade!
O lema e o cartel publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Asesoría de Bibliotecas Escolares) para as bibliotecas escolares de Galicia cara a este curso 2020/21, «Xeografías lectoras na biblioteca escolar», quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon á disposición da comunidade educativa.