Amosando publicacións coa etiqueta Traballos do alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Traballos do alumnado. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de marzo de 2024

Experimentando cos volcáns

 O alumnado de 4º fixemos un proxecto sobre os volcáns e realizamos unha actividade para ver como é o proceso de erupción. Velaquí o vídeo.



venres, 23 de febreiro de 2024

venres, 30 de xuño de 2023

Revista Aquelar

 Para rematar o curso presentamos a nova edición da Revista Aquelar. Cos traballos do noso alumnado xirando en torno ao tema deste curso "ESCRIBIR", lema das Bibliotecas Escolares.


luns, 26 de xuño de 2023

Todos a reciclar

O alumnado de 2º curso, guiado pola sua mestra Raquel, elaborou un vídeo de concienciación sobre a reciclaxe e o coidadodo medio ambiente. Mesmo inventaron a letra dunha melodía moi popular. De seguro que vos gusta.

 

martes, 11 de abril de 2023

"O varredor pantasmal", conto creado polos nenos e nenas de 2º de primaria para ler no kamishibai da nosa biblio!


Kamishibai, en xaponés, quere dicir “teatro de papel”. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Está formado por un conxunto de láminas que ten a ilustración por unha cara e o texto pola outra.
Aquí tedes o conto creado polos nenos e nenas de 2º de primaria, "O varredor pantasmal", contado polo propio alumnado co kamishibai da nosa biblio.
Agardamos que vos guste!

xoves, 16 de marzo de 2023

mércores, 25 de xaneiro de 2023

Gañadores concurso

Xa temos editados os traballos gañadores do concurso de Nadal "O que máis me gusta do cole". Agradecemos a participación do alumnado e as súas familias. Sempre é un pracer contar con vos.

martes, 31 de maio de 2022

Compartindo frases significativas

Compartimos con vos esta frase decorada que nos fixo chegar FATI, unha alumna de 6º no concurso de Nadal. As próximas sairan durante o verán. Pasádevos por aquí e mirádeas.
Calendario xuño de Aquel de Frións

sábado, 28 de maio de 2022

xoves, 31 de marzo de 2022

Traballos polo día da muller.

 Velaqui o libro cheo de mulleres importantes para o alumnado de 6º de INFANTIL. Se queredes ollar tódalas páxinas, tedes que vir visistar a biblioteca do cole. 👀

      

Os máis pequenos tamén elaboraron un mural que temos pendurado na parede do corredor.


xoves, 24 de marzo de 2022

Semana da prensa

 Do 7 ao 11 de marzo traballamos cos xornais nas aulas e buscamos novas que falasen da sanidade e a saúde. Temos aquí unhas poucas fotos do alumnado facendo ás súas pesquisas.  

luns, 7 de febreiro de 2022

sábado, 4 de decembro de 2021

EXPERIMENTANDO

Velaquí uns exemplos dos experimentos que fixeron parte do noso alumnado. So precisan materiais sinxelos de atopar. Animádevos a probar!!!

Ciencia en GALEGO de Aquel de Frións

venres, 4 de xuño de 2021

mércores, 26 de maio de 2021

Traballando os ciclos.

Os máis novos/as tamén aprenden cousas moi interesantes. Nesta ocasión investigaron sobre o ciclo da auga e fixeron alguns traballiños.
Tamén traballaron o ciclo vital das bolboretas os de 5º de infantil. Finding Your Creative Niche de Esperanza VP