O alumnado de 5ºA elaborou estas recomendacións que de seguro serán de utilidades para todos/as.
Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
Amosando publicacións coa etiqueta Formación de Usuarios b>. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de marzo de 2023
venres, 8 de xaneiro de 2021
Formación de usuarios
Neste curso a formación de usuarios de biblioteca fixémola nas aulas empregando as actividades que temos no programa editado para capacitar ao alumnado no uso dos recursos do que dispoñe a nosa biblitoeca. Velaquí tedes un exemplo.
luns, 15 de febreiro de 2016
CONCURSO “ ATOPA O POEMA”
Na semana do 15 ao 19 de febrero, os frionciños/as, tedes unha “cita con corazón” na biblioteca do Aquel. Atrévete a buscar nos libros de poesía o poema que aparece e identificalo co seu autor e título de libro. Logo completa o corazón coa información requerida, coa mellor letra que teñas e coidando a presentació, como se fose para o teu amor!.
Fíxate que hai distintos niveis, busca o máis acorde a túa idade. Anímate a atopar o teu poema, premiaráse a participación!.

mércores, 11 de decembro de 2013
FORMACIÓN DE USUARIOS, MOCHILAS VIAXEIRAS E APADRIÑAMENTOS LECTORES, nocurso 2013-14
No primeiro trimestre, tivemos a Formación de Usuarios nos distintos cursos de educación infantil e primaria e inicio do recorrido das Mochilas Viaxeiras polos fogares ribeirenses, con material da biblioteca para toda a familia.
Actividade novidosa neste curso, son os Apadriñamentos Lectores de alumnado de 6º de primaria, que lles len contos a alumnos e alumnas de infantil os luns no proxeco lector, "de tú a tú"...en calquera sitio do cole!

luns, 22 de outubro de 2012
Formación de usuarios e mochilas viaxeiras
22 de outubro de 2012
Como cada ano, o Aquel quere "recordar" a formación de usuarios e sacou os xogos de cómo desenvolvernos na biblioteca do armario. Todos os cursos baixarán á biblioteca, a facer estas actividades de formación de usuarios, ao longo da terceira semana de outubro, aproveitando a conmemoración das Bibliotecas Escolares.
Tamén volven a saír do cole, cargadas para viaxar por Ribeira, as nosas Mochilas Viaxeiras, visitando os fogares dos nosos nenos e nenas, con material escollido polo Aquel coa axuda dos membros do equipo de biblioteca.
De novo, unha morea de contos, poesías, comics, libros de coñecementos, revistas, discos, películas, lecturas para papás e mamás.... especialmente pensados para cada un dos alumnos e alumnas, marchan para para convivir coas súas familias durante unha semana.
As Mochilas voltarán con moito que contar nos seus “diarios viaxeiros”, nesta experiencia que este ano contará cunha mochila por curso, con todo ben explicado (libros e material que levan, díptico coas normas das mochilas, outro coas normas da biblioteca, quia de uso dos diarios viaxeiros).
O Aquel continua, moi atento dende a biblio, asegurándose de que todo funcione correctamente e de que ningunha mochila se retrase na chegada ao seu destino ou traia material estragado.

mércores, 9 de novembro de 2011
Formación de usuarios da nosa biblioteca
Lembramos as normas da biblioteca e o xeito de movernos nela, con xogos ben divertidos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)