martes, 28 de abril de 2020

E a ti, cal che gusta máis?

Xa estamos aquí con máis aportacións lectoras. Nesta ocasión María de 1º e Hugo de 2º comparten connosco fotos cos seus libros favoritos. E de novo Arancha de 4º preséntanos ourto libro moi especial.



luns, 27 de abril de 2020

E a ti, cal che gusta máis?

E aquí temos máis recomendacións de lectura. Un aplauso forte para todo o alumnado participante. 👏👏👏
Gozade cos vídeos e... Mañá máis, que non mellor.




sábado, 25 de abril de 2020

xoves, 23 de abril de 2020

E ati, cal che gusta máis?

Hoxe temos novas recomendacións de libros feitas polo alumnado de 1º. Na esquerda o debuxo do nen@, na dereita, a información do libro.

                      

mércores, 22 de abril de 2020

E a ti, cal che gusta máis?

Xa temos outro "Booktuber", o que ven sendo un rapaz ao que lle gusta contarvos, a través dun vídeo, de que vai un dos libros que lle gustan. Chámase Lois Otero, de 2º de primaria.









martes, 21 de abril de 2020

Miña casiña meu lar

Familias, este relato da familia de Enzo Queiruga Piñeiro ,4ºEducación Infantil,  quere transmitir a toda a comunidade educativa un raio de esperanza nesta situación tan extraordinaria. 
Grazas á familia de Enzo, especial á súa mamá, Nerea, por compartir con nós a súa experiencia.  

"Saber vivir é facer o mellor que podemos co que temos no momento no que nos atopamos " Alejandro Jodorowsky, escritor e filósofo


Bicos a tod@s e moitos folgos.

xoves, 16 de abril de 2020

E a ti,cal che gusta máis?


Xa sei que estades cansos de tanta casa, aguantade un pouquiño máis que xa falta menos. Para non aburrirse que tal si facedes o que vos porpoño de seguido. 
Xa que estamos no mes do libro por que non presentamos o noso libro favorito? Podemos facelo grabando un vídeo ou facendo un debuxo da súa portada.
Animádevos e enviar os vídeos e as imaxes (sacadeslle unha foto e listo) á conta do aquel aquelfrions@gmail.com Non esquezades poner o nome. 
Velaquí temos algunhas que xa nos mandaron. Sauidiños!








            

mércores, 15 de abril de 2020

Contos con pictogramas

Debido á situación actual, a organización Aprendices Visuales compartiu connosco, de forma gratuíta,  20 contos con  pictogramas.

Son contos  online, que  poden descargar tanto o profesorado como as familias  desde a súa web. Están especialmente enfocados a Educación Infantil, Primeiro ciclo de primaria e a todos aqueles que precisen do apoyo que ofrecen os pictogramas. 

Os diferentes títulos están orientados ao  traballo da autonomía na casa, as emocións e a iniciación á  lecto-escritura de forma lúdica. Ademais existe unha aplicación cos contos interactivos, que lles pode dar bastante cobertura ás familias.

 Velaquí unha mostra dos contos. Ide á web e gozar coa lectura.

mércores, 1 de abril de 2020

Máis recursos de lectura e aprendizaxe

Velaquí os recursos facilitados polo Consorcio Editorial Galego nesta situación de cuarentena.

"Grazas a solidariedade e xenerosidade de moitos e moitas creadoras e editoriais podemos achegarvos unha serie de materiais educativos de balde para facer máis levadía esta situación excepcional"

Preme nas editoriais para acceder


Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades

Catro Ventos Editora

Como liberar o potencial do voso neno: Kit completo de actividades Montessori 0-2 anos
Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal
Contos contados en Kalandraka TV
Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"