Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de abril de 2023

martes, 28 de marzo de 2023

Obradoiro de encadernación

A asociación AMBAR veu a impartir un taller de encadernación que foi a ledicia do nosos alumnado. Aprenderon moito e moi relacionado cos libros.

martes, 20 de decembro de 2022

xoves, 11 de maio de 2017

Buceando na busca de novas especies

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións.
O xoves 11 de maio, tivemos unha CHARLA para o alumnado de 5º e 6º curso, polo encargado do CENTRO DE BUCEO HYDRONAUT EN RIBEIRA e presidente do GRUPO DE ESTUDOS DO MEDIO MARIÑO (GEMM). Jacinto Pérez é un buceador que busca quen apadriñe novas especies que descubren nas súas inmersións pola ría, proba do cambio climático.

luns, 8 de maio de 2017

Medicina e valores polo mundo

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións:
o luns 8 de maio, tivemos unha CHARLA sobre ONGs, pola PEDIATRA DO HOSPITAL DO BARBANZA (Marian Cangas). Primeiro leulles un conto ao alumnado de EI, un Kamisibai sobre a sida en África e logo faloulles ao alumando de 5º e 6º curso, sobre a súa labor en Paquistán e en Kenia, colaborando con Médicos sen Fronteiras.





 

xoves, 4 de maio de 2017

EXPER-I-CIENCIA. correntes mariñas

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións:
o xoves 4 de maio, tivemos unha EXPERIENCIA-CHARLA DUN CIENTÍFICO (Antonio Cobelo, experto en correntes mariñas), solicitado desde EXPER-I-CIENCIA CSIC, para o alumnado de 5º e 6º curso. Foi toda unha experiencia misturar auga de cores doce e salgada, vendo como reaccionan.





luns, 24 de abril de 2017

I SEMANA DE CIENCIA E VALORES

O alumando do centro, vai desfrutar de actividades e charlas enfocadas a poñer en práctica ciencia e valores humáns que van relacionados.
Aquí temos o cartel                             

mércores, 25 de maio de 2016

Obradoiro de Matemáticas: Médoto ABN

Alumnado de 4º e 5º de primaria, inscrito previamente, e o grupo 1 de alumnado que asiste a PROA, en total uns vinte alumnos e alumnas, desfrutaron mogollón co profe Juan do CEIP Nebra en Sobrado, Porto do Son. No seu colexio, todos os cursos traballan co método ABN para o desenvolvemento da competencia matemática, cun resultado altamente satisfactorio para o alumnado.
Durante unha hora e media, nunha sesión de tarde, a rapazada de Frións, vivenciou outro xeito de ver os números e facer algoritmos, con xogos como: facer margaritas de números, táboas de sumas, "buscar amigos dos números", sumar con palillos, trucos cos dedos da man para multiplicar...
A motivación foi moita, nesta iniciación ao algoritmo ABN, unha metodoloxía difenrente que desenvolve o cálculo mental dun xeito máis espontáneo e natural.



IMG_0659

IMG_0656

IMG_0660


IMG_0661

IMG_0657

IMG_0662

IMG_0663

IMG_0665