venres, 27 de febreiro de 2015

En febreiro as verbas respiraron afecto e "rosas"

En febreiro o cole vestiuse de frases con afecto e amor, vestindo os pasillos de sentimento a raudales!
IMG_20150303_155722IMG_20150303_155717

IMG_20150303_155707IMG_20150303_155740
Tamén tivemos inspiración rosaliana, recitando a Rosalía nos seus versos máis viaxeiros...
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

venres, 20 de febreiro de 2015

Comeza o Grupo 2 de PROA

Hoxe venres 20 de febreiro, comeza o Grupo 2 de PROA, sen facer caso ao mal tempo, con moito ánimo e bos propósitos de traballo e esforzo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Entroido 2015

DSC_0216
Como o tema deste curso da biblioteca son as viaxes polo mundo, este ano traballamos o Entroido en outros lugares, sen descoidar o galego, por suposto!!

DSC_0217

DSC_0218

DSC_0219

O Grupo 1 de PROA fai uso das Novas Tecnoloxías

Na sesión deste xoves 19 de febreiro, os alumnos/as que asisten ás clases de PROA realizaron unha actividade facendo uso dos ordenadores da aula de Informática. Aprenderon a buscar elementos nun mapa, a facer compras imaxinarias, a facer tests de personalidade, todo grazas a web ambientada no universo de Harry Potter.

pottermore-beta-1
maxresdefault

mércores, 18 de febreiro de 2015

NO ENTROIDO POLO MUNDO MOITO VIAXAMOS.

Festa rachada e colorida!!! Os frionciñ@s vestiron neste entroido 2015 con disfraces de diversos lugares do mundo: Paris, Exipto, Texas, New York, Río de Janeiro, Escandinavia...e tamén nos sentimos moi galegos...

sábado, 14 de febreiro de 2015

Primeira Actividade co Grupo 1 de PROA

Os rapaces e rapazas apuntados ó Plan de Reforzo, Orientación e Apoio do Grupo 1, asistiron este xoves á súa primeira clase pola tarde, onde puideron tomar contacto co primeiro exemplo de actividade deseñada para eles. Os nenos e nenas estiveron na Aula de Audiovisuais vendo un pequeno extracto de animación a partir do cal tiveron que elaborar o seu propio conto botando man dos personaxes e lugares que viron nel. Nos últimos intres da sesión, tamén tiveron tempo para xogar con xogos educativos cos que traballar conceptos espaciais e xeométricos.

20150212_175620

xoves, 12 de febreiro de 2015

Comezou o PROA 2015 co Grupo 1

Na tarde de 12 de febreiro, deu comezo o programa PROA co grupo 1. Aquí posando co profe Saúl, moi animados e con bos propósitos de aproveitamento e desfrute das tardes de luns e xoves...
OLYMPUS DIGITAL CAMERA