Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
mércores, 21 de decembro de 2022
Recomendacións lectoras para Nadal!
martes, 20 de decembro de 2022
Obradoiro de cestaría
sábado, 17 de decembro de 2022
Concurso para o tempo de Nadal
martes, 6 de decembro de 2022
mércores, 2 de novembro de 2022
martes, 1 de novembro de 2022
venres, 28 de outubro de 2022
martes, 25 de outubro de 2022
Volven as mochilas viaxeiras!
As Mochilas Viaxeiras voltan ao noso cole con moito que contar!
Este ano contaremos cunha mochila por curso, con todo ben explicado (libros e material que levan, díptico coas normas das mochilas...) O Aquel continua, moi atento dende a biblio, asegurándose de que todo funcione correctamente.
Desfrutade das lecturas!
domingo, 16 de outubro de 2022
Recursos Samaín
xoves, 13 de outubro de 2022
martes, 4 de outubro de 2022
Comezo da apertura da biblioteca polas tardes!
A partir do luns 3 de outubro reabrirá a biblioteca do cole polas tardes. O horario será de 16:00 a 17:30 horas dos luns, mércores e xoves. Os martes de 16:00 a 17:00 horas para préstamos e devolucións.
Dende o centro queremos poñer a disposición un espazo onde poidan ler e facer algunha tarefa.
xoves, 29 de setembro de 2022
Volve o apadrinamento lector!
Comezamos este curso 2022/23 coa volta dos apadrinamentos lectores! Participan os cursos 5ºB de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil.
Velaquí algunhas fotos do primeiro día!
luns, 19 de setembro de 2022
Lema e cartel das Bibliotecas Escolares 2022/23
venres, 17 de xuño de 2022
martes, 31 de maio de 2022
Compartindo frases significativas
sábado, 28 de maio de 2022
Nos tamén conmemoramos as Letras Galegas
Velaquí, nesta presentación, as gravacións que fixemos no cole de Frións para celebrar esta data tan sinalada.
venres, 6 de maio de 2022
Conmemorando o Día Internacional do libro.
Como o curso pasado, repetimos actividade. Porque é divertida, fainos pensar e recordar tódalas emocións escondidas nos libros.
Os/as mestres/as elixiron un libro. Cada día tiña que levar unha pista sobre o libro enrriba. Foron engadindo pistas do seu libro elixido durante toda a semana. O alumnado tiña que adiviñar os máis posibles.
xoves, 5 de maio de 2022
Visita de Celtia Figueras
martes, 3 de maio de 2022
mércores, 27 de abril de 2022
Visita ao Diario de Arousa
O grupo de 4ºB foron visitar as instalación do Diario de Arousa. Mesmo puideron observar a maquetación da visita que fixeron.
xoves, 21 de abril de 2022
Recursos LETRAS GALEGAS 2022
Velaquí estamos un ano máis seleccionando recursos moi interesantes para aprender e coñecer ao homenaxeado de este ano: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.
Premede nas imaxes para acceder aos recursos.
martes, 5 de abril de 2022
luns, 4 de abril de 2022
Visita de María Canosa
Tivémola entre nos e foi a ledicia do alumnado de 3º e 4º. Asinou unha morea de exemplares do libro "O día que choveu do revés"´, é un agarimo que queda de recordo nesas páxinas.
sábado, 2 de abril de 2022
Formando e informando
xoves, 31 de marzo de 2022
Traballos polo día da muller.
Velaqui o libro cheo de mulleres importantes para o alumnado de 6º de INFANTIL. Se queredes ollar tódalas páxinas, tedes que vir visistar a biblioteca do cole. 👀
xoves, 24 de marzo de 2022
Semana da prensa
Do 7 ao 11 de marzo traballamos cos xornais nas aulas e buscamos novas que falasen da sanidade e a saúde. Temos aquí unhas poucas fotos do alumnado facendo ás súas pesquisas.
luns, 7 de marzo de 2022
sábado, 5 de marzo de 2022
Sementa Pensamentos con ROSALÍA
Temos material para coñecer, aprender e recordar a Rosalía de Castro e os seus PENSAMENTOS.
Se queres ver máis fotos da celebración deste ano, preme na imaxen.
venres, 4 de marzo de 2022
xoves, 24 de febreiro de 2022
Día Internacional da muller (8 de marzo)
luns, 21 de febreiro de 2022
xoves, 10 de febreiro de 2022
luns, 7 de febreiro de 2022
luns, 17 de xaneiro de 2022
Educando para a paz
Temos compartido outros anos enlaces a recursos para educar na paz e traballar o que implica ese termo que tanto repetimos.
Nesta ocasión déixovos algún recurso máis. Se queredes acceder aos recursos de anos anteriores premede na palabra PAZ.