Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións da Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións da Biblioteca. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de xuño de 2023

Recomendacións para o verán

 Xa rematamos este curso e pechamos temporalmente a nosa biblioteca pero compartimos con vos algúns libros para desfrutar do tempo de lecer. 



mércores, 21 de decembro de 2022

Recomendacións lectoras para Nadal!

O alumnado de 5º B presenta as recomendacións lectoras para este Nadal e as podedes atopar na nosa biblio. Desexamos que pasedes unhas felices e literarias festas a todos e a todas!
Recomendacións lectoras Nadal de Pepita Corona Mal

xoves, 21 de abril de 2022

Recursos LETRAS GALEGAS 2022

 Velaquí estamos un ano máis seleccionando recursos moi interesantes para aprender e coñecer ao homenaxeado de este ano: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. 

Premede nas imaxes para acceder aos recursos.



luns, 4 de abril de 2022

Visita de María Canosa

 Tivémola entre nos e foi a ledicia do alumnado de 3º e 4º. Asinou unha morea de exemplares do libro "O día que choveu do revés"´, é un agarimo  que queda de recordo nesas páxinas.




xoves, 16 de decembro de 2021

Recursos WEB

Podedes premer na imaxe para acceder a recursos de la web: 

ÉRASE UNA VEZ UN CUENTO

Teñen contos, vídeos, actividades interactivas e fichas descargables para as/os pequenas/os.


venres, 19 de novembro de 2021

Aprendendo a xogar como antes.

Hai apenas uns días o Consello da Cultura Galega e o Observatorio do Patrimonio Lúdico presentaron unha páxina web e unha aplicación para teléfonos móbiles que teñen por finalidade que se poida poñer en marcha un xogo tradicional galego só con 1 minuto de consulta.


Premede na imaxe para ir á páxina web



Tamén se pode descargar a aplicación para móbiles desde Google Play ou App Store buscando por "Xogos tradicionais".

venres, 12 de novembro de 2021

NOVEMBRO mes da ciencia en galego

 

TOUPICIENCIA

Premendo a imaxe teredes acceso a esta miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

A iniciativa realizada por A Xanela do maXín e ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez, Xurxo Mariño ou Jorge Mira, entre outros.

sábado, 23 de outubro de 2021


 "As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio". 

Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir."

Se queredes saber máis sobre o traballo das Bibliotecas Escolares premede na imaxen >

luns, 11 de outubro de 2021

sábado, 9 de outubro de 2021

Máis novidades de actualidade

 Queres saber máis sobre os volcáns? Este libro pode axudarte. Está cheo de información e de imaxes explicativas. Vaiche gustar seguro.

Los volcanes. Javier y Germán de Aquel de Frións

venres, 8 de outubro de 2021

mércores, 6 de outubro de 2021

Xa abrimos a biblioteca!

 Boas a todo o mundo.

Este curso xa podedes vir polas tardes a levar libros da nosa biblioteca, tedes que entrar de un en un (ou dous: neo/a e máis un adulto).

Velaquí vos deixo o novo horario deste curso.

Se queredes ler as normas da nosa biblioteca premede na imaxe do horario.


venres, 10 de setembro de 2021

Compartindo imos aprendendo

Compartimos con toda a comunidade recursos variados que compartiron con nos no ano 2020 o equipo de bilbioteca do CEIPP da Riberia en O Porriño. 

Ten moitos e  variados enlaces a lecturas, experimentos, visita a museos, manualidades e máis.

Votádelle unha ollada e gozar da experiencia.

martes, 15 de xuño de 2021

Recomendacións para o verán

 Xa está a piques de  rematar o curso e non queremos que vos falten unhas recomendacións de parte do Aquel.

Esperamos que vos gusten.



venres, 19 de marzo de 2021

Día Internacional da Narración Oral

Compartimos o Manifesto redactado por Fina Casalderrey para conmemorar o Día internacional da narración Oral

Organizado polo Festival Atlántica e coa colaboración de Sete falares e o NOGA (colectivo de Contacontos de Galicia) conmemoraremos o día cunha serie de espectáculos.




martes, 22 de decembro de 2020