Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de abril de 2023

"O varredor pantasmal", conto creado polos nenos e nenas de 2º de primaria para ler no kamishibai da nosa biblio!


Kamishibai, en xaponés, quere dicir “teatro de papel”. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Está formado por un conxunto de láminas que ten a ilustración por unha cara e o texto pola outra.
Aquí tedes o conto creado polos nenos e nenas de 2º de primaria, "O varredor pantasmal", contado polo propio alumnado co kamishibai da nosa biblio.
Agardamos que vos guste!

xoves, 5 de maio de 2022

Visita de Celtia Figueras

Presentounos a historia do conto Ula Lúa?, cos personaxes en forma de monicreques. Fíxonos sentir parte da historia e mesmo parecía que estabamos alí, vivindo as aventuras con eles.



  

luns, 4 de abril de 2022

Visita de María Canosa

 Tivémola entre nos e foi a ledicia do alumnado de 3º e 4º. Asinou unha morea de exemplares do libro "O día que choveu do revés"´, é un agarimo  que queda de recordo nesas páxinas.




martes, 20 de novembro de 2018

Visita de Raquel Queizás

Visitounos Raquel Queizás e contounos unha historia moi entretida. Converteuse nunha detective que investigaba o caso da desaparición dunha rapaza, perdida no bosque cando ía de excursión cos/oas compañeiros/as.
Descubrimos o que lle acontecera e aprendemos tamén moitas cousas sobre a DIABETES.
Aquí vos deixo unhas fotos









venres, 17 de marzo de 2017

"OS CONTAMÚSICOS": unha mamá contacontos e un papá músico.

O venres 17 de marzo, tivemos no Plan Lector uns contacontos moi especiais, os papás de Sabela de 5º de infantil viñeron ao cole moi ben equipados. A mamá, Sonia, contounos a fábula de "Asamblea de Ratos" (do que foron disfrazados no entroido).


O papá, Jose, ofreceunos un repertorio, interpretado con distintas trompetas.Os nenos e nenas de infantil e 1º curso partiparon moi animados ... todo un recital!.



mércores, 15 de marzo de 2017

Lendo "mamás do mundo" con Khadija

Unha nai de Mongolia ensina a seu fillo a montar a cabalo; unha nai e unha filla bailan unha danza tradicional en India... Khadija, nai de Raed e Hatim, contounos co seu sorriso envolvente, como as nais do mundo coidan os seus fillos e fillas, reflexando que o cariño e a alegría de compartir tempo con eles, non ten fronteiras...e que todos os días son mulleres traballadoras!

luns, 18 de abril de 2016

Unha contacontos en Frións: María da Pontragha

María da Pontragha engaiolou aos nenos e nenas máis pequerrechos de Frións, co seu doce contar e fíxonos rir coas súas ocorrencias de boa contadora de historias baseadas no mito e na experiencia.
Nótase que foi educadora e dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí, comezando no 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos.

IMG_0302

IMG_0303

IMG_0305

IMG_0306

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Contos contados: "O Polo Pepe"

Os irmáns Otmane de 4º de primaria e Ismael de 6º de infantil, contan aos compañeiros o conto do Polo Pepe. Con éste conto iniciamos o proxecto "do ovo ao pito" que vai centrar a investigación do alumnado de 5º de primaria, a partir das preguntas previas dos compañeiros de 3º e 4º curso...

luns, 14 de decembro de 2015

Contacontos Youba

Antes de rematar o trimestre invitamos algúns pais/nais do novo alumnado a compartir cos nenos un conto e algo mais. Youba, o papá de Yayha e Fatimetou animouse a contarnos cousas do seu país Nouadhibou (Mauritania). Os nenos e nemas de Infantil, de 1º e de 2º curso poideron disfrutar co que compartíu, aquí vos deixo unha mostra do encontro.

mércores, 24 de abril de 2013