Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
martes, 31 de maio de 2022
Compartindo frases significativas
Compartimos con vos esta frase decorada que nos fixo chegar FATI, unha alumna de 6º no concurso de Nadal. As próximas sairan durante o verán. Pasádevos por aquí e mirádeas.
Calendario xuño de Aquel de Frións
sábado, 28 de maio de 2022
Nos tamén conmemoramos as Letras Galegas
Velaquí, nesta presentación, as gravacións que fixemos no cole de Frións para celebrar esta data tan sinalada.
venres, 6 de maio de 2022
Conmemorando o Día Internacional do libro.
Como o curso pasado, repetimos actividade. Porque é divertida, fainos pensar e recordar tódalas emocións escondidas nos libros.
Os/as mestres/as elixiron un libro. Cada día tiña que levar unha pista sobre o libro enrriba. Foron engadindo pistas do seu libro elixido durante toda a semana. O alumnado tiña que adiviñar os máis posibles.
xoves, 5 de maio de 2022
Visita de Celtia Figueras
Presentounos a historia do conto Ula Lúa?, cos personaxes en forma de monicreques. Fíxonos sentir parte da historia e mesmo parecía que estabamos alí, vivindo as aventuras con eles.
martes, 3 de maio de 2022
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)