Amosando publicacións coa etiqueta PROA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROA. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de xuño de 2019

QUE É PROA?


Un curso máis damos por rematado PROA 😃
A nosa última publicación é para mostrarvos o vídeo creado polo alumnado explicando coas súas palabras en que consiste a clase de PROA.
Esperamos que vos guste e, igualmente, que sirva como medio de información a toda a comunidade educativa do CEIP de Frións.
Bo verán 🌞 Saúdos do alumnado de PROA e da mestra.



venres, 31 de maio de 2019

CÓMICS

Xa están aquí os cómics de PROA!

Durante todo o mes de maio o alumnado estivo elaborando as súas propias historias empregando o programa "PIXTON para divertirse".

No centro tiveron moito éxito, animádevos a lelo!

xoves, 11 de abril de 2019

CONCURSO MASTERCHEF


Este curso escolar 2018-19 realizouse a 1ª edición do concurso Masterchef en Frións, no que os alumnos/as do PROA participou, divididos en 3 equipos por sesión.
Durante esta actividade, os alumnos/as elaboraron un menú completo, que incluía 1º prato, 2º prato e sobremesa. Tras a elaboración das receitas, tiveron que transcribir o proceso nun folio e presentar oralmente o seu menú ás mestras, que exerceron de xuíces.


Preme na imaxe para ver vídeo.



domingo, 3 de marzo de 2019

SLIME

O alumnado de PROA pasou unha xornada moi divertida aprendendo a facer slime.
Deixámosvos as mostras 💪




martes, 12 de xuño de 2018

Fin de Proa

Rematamos Proa 2018 con todo o entusiasmo que nos provoca deixar no corredor do colexio unha mostra da nosa experiencia no intercambio de postais que fixemos a nivel mundial.
Recibimos postais de Estados Unidos, China, Italia, República ChecaFrancia, Alemania e Australia!, das cales aprendemos moitas cousas e cas que viñeron incluso folletos informativos nas linguas nativas e un xogo sobre animais de Minnesota (EEUU).
Foi unha experiencia realmente enriquecedora! ❤

Animamos a todas as familias que desexen compartir a mesma experiencia que se rexistren na páxina web www.postcrossing.com

Felices vacacións de verán!😄







venres, 4 de maio de 2018

Proxecto Plantas Medicinais

Seguindo o proxecto anual de centro sobre o Medio Ambiente, os grupos de Proa realizamos un proxecto sobre as plantas medicinais coa correspondente investigación, creación de mural expositivo e finalmente ca plantación dalgunhas das especies estudiadas.











Sen dúbida foi un proxecto moi proveitoso. Pudemos coñecer a gran cantidade de plantas que posúen propiedades beneficiosas e o horto do colexio recobrou vida! 😄





sábado, 28 de abril de 2018

Día do Libro

Con motivo do Día do Libro nos grupos de Proa realizamos unha Galería Literaria cun xogo de Búsqueda do Libro Misterioso seguindo unha serie de pistas, ademais dun taller de creación de marcapáxinas de xel e purpurina.




Postais do mundo

Nos grupos de Proa, aproveitando a recente exposición de selos, adentrámonos no mundo das postais participando no proxecto web Postcrossing co obxectivo de enviar e recibir postais de calquera parte do mundo.
Comezamos cunha exposición de postais para coñecer como son e como escribir nelas.




Solicitamos na plataforma web direcións de outros participantes para enviar as nosas primeiras postais e tócanos enviar as cinco primeiras a Finlandia, Estados Unidos, Alemania, Canadá e Rusia, polo que nos poñemos mans á obra elixindo as postais, redactando o texto e traducíndoo ao inglés.




Agora so nos queda esperar a recibir as primeiras postais e ver con curiosidade dende que lugar do mundo nolas enviaron.

Animamos a todas as familias que desexen desfrutar do apaixoante mundo do intercambio de postais a que se rexistren na web www.postcrossing.com
Feliz Postcrossing! 😄

martes, 24 de abril de 2018

PROA

Comezamos as actividades de Proa establecendo as normas básicas de comportamento dunha forma interactiva e motivadora. Os propios nenos e nenas fotografiaronse escenificando as normas para incluilas nos carteis que eles mesmos diseñaron. Que tarde tan divertida pasamos! 😄





venres, 23 de marzo de 2018

Día da Muller Traballadora

Con motivo do Día da Muller Traballadora, os alumnos e alumnas de Proa fixeron unha investigación sobre científicas galegas de recoñecemento internacional para facer o mural que decora un dos corredores do noso colexio. Canto talento hai en Galicia! 😄






martes, 13 de xuño de 2017

Proxectos finais en PROA

Neste último mes do PROA desenvolvemos dous pequenos proxectos de investigación.

O grupo 1 fixo un proxecto sobre cogomelos, investigaron que son, se os podemos comer, que partes teñen, como son... e ata cultivamos os nosos propios cogomelos ostra.
No grupo 2 dividiron o planeta nos seus 5 continentes e buscaron información sobre Europa, Asia, África, Oceania e Ámerica; para despois elexir 2 países deses continentes e descubrir cousas diversas sobre eles.





Moitas grazas a todos por ter participado do PROA 2017.