xoves, 20 de decembro de 2012

Chegou o Nadal, debuxando e escribindo.

19 DECEMBRO 2012

O inverno xa está ao caer e o Nadal xa chama á porta.

Como cada ano, chegadas estas datas, facemos un Concurso de Postais entre o alumnado. Cada curso, poderá optar a un premio sorpresivo, e a postal gañadora, será a felicitación representativa do centro.




Por outra banda, quixemos poñer a proba a vosa memoria, misturada cunha pinga de imaxinación, para completar a nosa felicitación. Pedimos ás familias axuda, ao escribir a versión particular dunha panxoliña, na que saia algún “ratiño” e o cole de Frións. Valen tradicionais, “Ande, ande a marimorena”, máis modernos, como as de Mamá Cabra, “Xa me tardan estes reis”, etc, todas as versións valen.



Pedimos, que cando veñan de volta, se acompañen dun calcetín usado, ainda que limpo, para colgar na cheminea do Aquel de Frións, neste nadal de “volta á casa”.

venres, 30 de novembro de 2012

Familias de contacontos de ratos interculturais

30 DE NOVEMBRO DE 2012

Esta semana, estiveron expostos os contos de ratos traídos da casa, onde, ou ben o protagonista ou alguna personaxe, era un rato ou unha rata (animais orelludos, rabudos, fedelludos e moi agudos).
O venres 30, entregamos os premios do concurso de “Escritos curtos rimados de Outono”, que estivo moi concurrido e faremos con todos os relatos, un libro para o cole.
Aproveitamos este acto, para contar coa presenza do papá e da mamá de dous alumnos árabes do cole, que nos contaron un conto de ratos, en árabe e castelán, ¡desfrutamos coma ratiños!.

domingo, 18 de novembro de 2012

Bibliotecarios de lectores cos mais pequenos

NOVEMBRO 2012
Os bibliotecarios comezaron coa súa labor na biblioteca: botando unha man nos recreos coas quendas de ordenador, no rexistro de empréstitos, reparando libros enfermos, vixiando que se cumpran as normas de uso da biblioteca…

Este ano, o alumnado axudante de biblioteca de 6º curso, quere implicarse ainda máis coa lectura e vai os martes na Hora de Ler ás aulas dos máis pequenos, desde Educación Infantil ata 1º ciclo, a lerlles un conto, que xa levan ben preparado.

luns, 12 de novembro de 2012

Concurso de escritos de Outono

12 DE NOVEMBRO 2012
Esta semana, ademáis de celebrar o magosto, tamén propoñemos mesturar todos estes ingredientes (cabazas, castañas, follas, vento, ratos…) para facer un TALLER DE ESCRITURA DE OUTONO (ler/escoitar/escribir).

cartel concurso contos curtos de outono


mércores, 24 de outubro de 2012

Día das bibliotecas escolares

MÉRCORES 24 DE OUTUBRO DE 2012

Con estas reflexións, recollidas nos últimos Encontros de Bibliotecas Escolares, celebramos o 24 de outubro, día Internacional das Bibliotecas Escolares.
“Entendemos as bibliotecas escolares, como espacios de creación colectiva, centradas en funcións, como catalogar, conseguir fondos, organizar... pero tamén centradas nos suxeitos (alumnado, profesorado, familias).
Os libros de texto, son como manuais onde está o esencial, ainda que para ser máis competentes, a biblioteca facilitará a exploración, o intercambio a comunicación, e será un espacio flexible que axude a recuperar intereses, necesidades e axude a trazar pontes co currículo”.



Dentro das celebracións, nesta semana das Bibliotecas, o venres, 26 de outubro, de 16:30 a 17:30 horas, na sala de lectura, distrutamos dun conto en inglés para toda a familia. A relatora, Veriti, é unha nativa inglesa que tamén nos contou a súa experiencia de cómo aprendeu español, empregando a bilioteca e cómo é a súa vida nunha aldea do sur de Lugo, no Saviñao.

luns, 22 de outubro de 2012

Formación de usuarios e mochilas viaxeiras

22 de outubro de 2012

Como cada ano, o Aquel quere "recordar" a formación de usuarios e sacou os xogos de cómo desenvolvernos na biblioteca do armario. Todos os cursos baixarán á biblioteca, a facer estas actividades de formación de usuarios, ao longo da terceira semana de outubro, aproveitando a conmemoración das Bibliotecas Escolares.

Tamén volven a saír do cole, cargadas para viaxar por Ribeira, as nosas Mochilas Viaxeiras, visitando os fogares dos nosos nenos e nenas, con material escollido polo Aquel coa axuda dos membros do equipo de biblioteca.

De novo, unha morea de contos, poesías, comics, libros de coñecementos, revistas, discos, películas, lecturas para papás e mamás.... especialmente pensados para cada un dos alumnos e alumnas, marchan para para convivir coas súas familias durante unha semana.




As Mochilas voltarán con moito que contar nos seus “diarios viaxeiros”, nesta experiencia que este ano contará cunha mochila por curso, con todo ben explicado (libros e material que levan, díptico coas normas das mochilas, outro coas normas da biblioteca, quia de uso dos diarios viaxeiros).

O Aquel continua, moi atento dende a biblio, asegurándose de que todo funcione correctamente e de que ningunha mochila se retrase na chegada ao seu destino ou traia material estragado.

venres, 12 de outubro de 2012

Proxecto da biblioteca

OUTUBRO DE 2012
PROXECTO DE BIBLIOTECA
Hoxe facemos un anuncio moi especial.

O Equipo de Biblioteca e o Aquel, xa demos forma ao novo PROXECTO DE BIBLIOTECA E DE ANIMACIÓN Á LECTURA deste curso 2012-13 e parécenos que xa é tempo de dar a coñecer o tema escollido...
...este curso imos traballar arredor dun tema, rabudo, bigotudo e fedelludo..........

……… os “RATOS”, través dun proxecto que imos titular:
LENDO CONTOS DE RATOS CON TALENTO
E podedes consultalo na páxina web do centro:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrions/
Todo o traballo que vaiamos facendo ao longo do curso sobre o tema e todos os recursos que recompilemos estarán á vosa disposición no blogue, trimestralmente, coa carta do Aquel e nas propostas mensuais.
Continuaremos actualizando as novidades, calendarios e fondos da biblioteca por festividades.

xoves, 14 de xuño de 2012

Visita de Neira Vilas

XUÑO 2012

Foi todo un placer ter connosco o escritor Neira Vilas, Galicia está presente na súa mirada e as súas experiencias ao longo da xuventude condiciona o seu testimonio.


mércores, 2 de maio de 2012

Fran, un papá do cole

Un papá cóntanos que lle pareceu un libro dos que hai na biblioteca na sección de pais e nais.


Inacio Vilariño visítanos no cole

Os alumnos máis grandes do cole, recibiron hoxe a visita do director da compañía Fantoches Baj, Inacio Vilariño, gañador do VIII Premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques, polo libro "Fábulas Galénicas".

luns, 30 de abril de 2012

Festival de Antroido 2012. 5º de Educación Primaria

Festival de Antroido 2012. 6º de Educación Primaria

Festival de Antroido 2012. 4º de Educación Primaria

Festival de Antroido 2012. 3º de Educación Primaria

Festival de Antroido 2012. 2º de Educación Primaria

Festival de Antroido 2012. 1º de EP

Festival de Antroido 2012. Educación Infantil

venres, 30 de marzo de 2012

mércores, 21 de marzo de 2012

Á MULLER E Á POSÍA PODES ESCRIBIRLLE POEMANDO NO SEU DÍA.

No mes de marzo tivemos a oportunidade de vivir o Día internacional das Mulleres e a Semana da poesía.
Para celebralo moitas familias e os propios nenos e nenas participaron escribindo ou debuxando cartas dedicadas a todas as mulleres traballadoras. Ademáis tamén escribiron e ilustraron poemas baseados no libro “A árbore das follas DIN A-4”.
No cole todos os alumn@s convertíronse en poetas, recitando polas diferentes clases os poemas e poesías que traballaron nas aulas.
Aquí o podedes disfrutar!!

xoves, 8 de marzo de 2012

Cartas ás mulleres traballadoras

Os alumnos de primeiro escribiron unhas fermosas letras adicadas ás mulleres traballadoras. Escoitade que tenrura.








sábado, 25 de febreiro de 2012

Día de poemas ao Rosalía de Castro

25/02/2012. O alumnado de 4º e 5º leron poemas de Rosalía de Castro e convidamos a antiguas compañeiras mestras e ás súas fillas, algunha tamén ex alumna, e poemáronnos ao xeito rosaliano, para celebrar o 175 aniversario do seu nacemento.

martes, 31 de xaneiro de 2012

Os nenos e as nenas de infantil fixeron un mural moi chulo paracelebrar " O Día da paz". Aquí podedes os maiores deste ciclo.

Ollando a paz a través dos máis pequenos.

Durante a semana da paz os nenos e nenas de infantil estiveron votando unha ollada a diferentes contiños para aprender máis sobre o que significa a palabra PAZ.

Na clase de 3 anos a profe leulles un conto precioso e mundialmente coñecido: O ELEFANTE ELMER. Con este conto aprenderon que iso de ser diferente pode ser moi positivo.












<

Mentres, a clase de 4 anos visitou a biblioteca e logo de ollar moitos libros, escollemos o conto MELLOR FALAR, QUE PELEXAR. O mesmo conto o di: falando enténdese a xente!! E así o plasmaron nos seus debuxiños.





















E na clase de 5 anos tiveron unha sorpresa: a profe Ángela de 2º visitounos para ler un conto precioso en inglés chamado THE MIXED-UP CHAMELEON.Trata dun camaleón que non estaba conforme con poder cambiar de cor, senon que desexaba convertirse noutros animaliños ata converterse nun ser sin identidade propia e irrecoñecible...¿Como remataría a historia? MOI RECOMENDABLE!! Só hai que ver as caras dos peques...













debuxo conto paz clase 5 anos

A INVESTIGACIÓN E A PAZ NO MUNDO

XANEIRO: " A investigación e a paz no mundo".
Lema: A investigación mellora a humanidade de nenos e nenas de calquer nacionalidade.
Estes son os carteis que fixeron os alumnos este xaneiro 2012, para o día da Paz.