Amosando publicacións coa etiqueta Apadriñamento Lector. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Apadriñamento Lector. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de maio de 2026

AVISO DE BIBLIOTECA

 AVISO!!!

Neste mes de xuño xa non haberá préstamo de libros de texto da biblioteca.

Recordade devolver os exemplares que teñades na casa.

Gracias a todos os axudantes da biblioteca que neste curso colaboraron connosco a abrir a biblioteca nos recreos, a facer préstamos de libros, colocar os libros nos andeis,...

Noraboa polo voso traballo. Aquí tendes un agasallo!!!!!     ; )



venres, 27 de outubro de 2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

Que ben o pasan os nosos rapaces e rapazas co apadriñamento lector!😊

Aquí vos deixamos un vídeo con fotos do noso alumnado de 6º de educación infantil e de 1º e 6º de educación primaria


mércores, 29 de novembro de 2017

Os bibliolectores de 6º lendo ao peques de 5º de infantil

Os padriños e madriñas lectores de 6º nivel, tomaron moi en serio o seu traballo e xa levan todo  o mes de novembro léndolle aos peques de 5 anos, que están moi atentos e atentas.





Agora xa están desexando que chegue o luns para ver que lles teñen preparado... aquí a mostra:








xoves, 2 de novembro de 2017

Biblioaxudantes e apadriñamentos lectores en 6º curso 2017

Xa está en marcha o novo equipo de biblioaxudantes de 6º curso con moitas ganas e ilusión. Podes atopalos facendo a súa garda na biblioteca todos os recreos.


Foron os encargados de repartir os novos carnés de biblioteca e foron uns monitores excepcionais nas ximcacas do Samaín.


Seguro que o fan tan ben como os equipos doutros anos, continuando con tarefas como os apadriñamentos lectores entre o alumnado de 6º curso e os peques de infantil.



venres, 13 de xaneiro de 2017

En xaneiro, lemos por dentro para quentar por fóra

Os máis pequenos volveron do nadal con ganas de escoitar un conto e aos máis maiores do cole xa lles tardaba contarllo. O sitio é o de menos, cando a calor dos nosos lectores e lectoras acompaña os contos favoritos... eso si, ben abrigadiños!






xoves, 1 de decembro de 2016

Lendo e compartindo letras e agarimos

O alumnado de 6º curso, como ven facendo en anos anteriores, fai lecturas ao alumnado de infantil. Este trimestre comezamos cos pequerrechos de 3 anos, que gustan de escoitar aos Bolechas en calquera recuncho do cole: dentro ou fóra, en escaleiras ou colchonetas...calquera sitio é bo para deixarnos envolver por "letras con agarimo".




sábado, 2 de abril de 2016

Lendo ao sol de venres

O 2 de Abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil. Desde a biblioteca do Aquel, lembramos a importancia de ler bos libros a todas as nenas e a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.


IMG_20151016_130030

IMG_20151106_125919

IMG_20151204_125417

Os padriños e madriñas lectoras de 6º curso, moito leron ao sol neste curso ao alumnado de infantil...e tamén aos de 1º e 2º curso, compartindo momentos cos preciosos contos infantís da biblioteca e intercambiando a súa lectura, ben xuntiños aproveitando calquera recuncho do patio de infantil, xa á carón dunha árbore, sentados nun banco, nas escaleiras ou na zona de lecer dos máis pequenos...

IMG_20151204_125622


IMG_20151204_125646

IMG_20160311_125710

Foronse creando grandes vínculos afectivos nesas horas de letras ao vento...que se notan co cariño co que lles len ou lles escoitan... Lendo con amor, queda mellor!

IMG_20151204_130009

IMG_20160311_125806

martes, 24 de novembro de 2015

Apadriñamento lector no curso 2015-16

Os rapaces de Frións espalláronse polo patio, aproveitando o bo tempo de novembro, para disfrutar de ler en boa compañia e con agarimo.

Padriños lectores

Aquí vos deixo un novo vídeo dos nosos padriños e madriñas lectores de 6º de primaria co alumnado de infantil. Espero que vos guste, "VOUCHE LER UN CONTO"

">

luns, 23 de marzo de 2015

Á sombra de que árbol estamos a ler?

Como os alumnos e alumnas de 6º curso foron medrando coas árbores do patio...queren saber cómo se chaman...ainda que por agora non teñen nin unha folla de pista!!!!

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Van investigar e unha cualidade lle van a dar...para compartir e ler cos seus frionciños de infantil á súa sombra,

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

martes, 18 de novembro de 2014

Onde len os padriños lectores de 6º?

Calquera sitio do cole é bo para ler un conto aos nenos e nenas de infantil... e así podemos velos ben "acariñados" lendo en pasillos, escaleiras...

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

mércores, 11 de decembro de 2013

FORMACIÓN DE USUARIOS, MOCHILAS VIAXEIRAS E APADRIÑAMENTOS LECTORES, nocurso 2013-14

No primeiro trimestre, tivemos a Formación de Usuarios nos distintos cursos de educación infantil e primaria e inicio do recorrido das Mochilas Viaxeiras polos fogares ribeirenses, con material da biblioteca para toda a familia.
Actividade novidosa neste curso, son os Apadriñamentos Lectores de alumnado de 6º de primaria, que lles len contos a alumnos e alumnas de infantil os luns no proxeco lector, "de tú a tú"...en calquera sitio do cole!

domingo, 18 de novembro de 2012

Bibliotecarios de lectores cos mais pequenos

NOVEMBRO 2012
Os bibliotecarios comezaron coa súa labor na biblioteca: botando unha man nos recreos coas quendas de ordenador, no rexistro de empréstitos, reparando libros enfermos, vixiando que se cumpran as normas de uso da biblioteca…

Este ano, o alumnado axudante de biblioteca de 6º curso, quere implicarse ainda máis coa lectura e vai os martes na Hora de Ler ás aulas dos máis pequenos, desde Educación Infantil ata 1º ciclo, a lerlles un conto, que xa levan ben preparado.