venres, 20 de decembro de 2013

Concurso de postais 20-13-14

Este ano quixemos felicitar o nadal de xeito especial e moi mariñeiro. O concurso de postais tivo como motivo o mar e versionamos a panxoliña "Pero mira como beben os peixes...", e mimá!!!... como a cabeza non para, deu para voar a imaxinación ;-))
Mira e verás: "NO NADAL, CANTAS SORPRESAS VIVIRÁS"

venres, 13 de decembro de 2013

AS VISITAS AO COLE DE FRIÓNS NO PRIMEIRO TRIMESTRE 2013-14

No primeiro trimestre, tivemos moitas visitas: O DEPARTAMENTO DE IGUALDADE DO CONCELLO, OS AXENTES FORESTAIS E NAIS DO ALUMNADO EXTRANXEIRO DE CONTACONTOS.

mércores, 11 de decembro de 2013

FORMACIÓN DE USUARIOS, MOCHILAS VIAXEIRAS E APADRIÑAMENTOS LECTORES, nocurso 2013-14

No primeiro trimestre, tivemos a Formación de Usuarios nos distintos cursos de educación infantil e primaria e inicio do recorrido das Mochilas Viaxeiras polos fogares ribeirenses, con material da biblioteca para toda a familia.
Actividade novidosa neste curso, son os Apadriñamentos Lectores de alumnado de 6º de primaria, que lles len contos a alumnos e alumnas de infantil os luns no proxeco lector, "de tú a tú"...en calquera sitio do cole!