martes, 22 de decembro de 2020

venres, 18 de decembro de 2020

Velaquí as narracións que nos fixeron chegar dúas familias contando como se facían antes  algunhas cousas.

sábado, 12 de decembro de 2020

Premiados no Concurso de Postal e Cartel do concello de Riberia

 O Concello de Ribeira convocou un concurso escolar para escoller o cartel e a postal de Nadal, e xa se coñece aos gañadores. Os debuxos de Daniel Sampedro Varela, do CEIP de Frións, e de Asier Sampedro Barros, do colexio Ou Grupo, serán os que ilustren as celebracións do Nadal de Ribeira.

A obra de Daniel Sampedro gañou na modalidade de cartel cunha composición na que representou a fachada da cidade coas cores das letras de Ribeira. Asier Sampedro, pola súa banda, foi galardoado na categoría de postal cun deseño no que os peixes encarnan aos Reis Magos e á estrela de Nadal, entre outros elementos.

mércores, 2 de decembro de 2020

Cartelera Inclusiva

Queremos recordar que todos/as podemos aportar cousas importantes e valiosas ao noso arredor. 
O 3 de decembro e o Día Internacional da Persoas con Discapacidade. Presentamos esta  Cartelera Inclusiva. Facendo click nas imaxes das páxinas, abrimos os enlaces a curtas de vídeo moi educativas. 

luns, 30 de novembro de 2020

Biografía en banda deseñada sobre Ricardo Carvalho Calero

A Secretaría Xeral da Emigración presenta, a través da Aula GaliciaAberta, a banda deseñada Pequena biografía de don Ricardo Carvalho Calero: ensinante, estudoso e investigador da nosa cultura, que nos ensina a coñecer un chisquiño máis a figura do persoeiro a quen dedicamos o Día das Letras Galegas 2020.

Preme na imaxe para aceder á banda deseñada.

martes, 24 de novembro de 2020

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 Nesta data compartimos con toda a comunidade unha narración que nos fan chegar para recordarnos que as mostras de cariño, os bicos (beixos) e os apertas non se forzan, se dan libremente e se reciben cando gustan. Porque o cariño á forza é tamén violencia.

 

venres, 13 de novembro de 2020

Carta do Aquel

 Boas a todos e todas. 

Velaquí unha cartiña do Aquel, pedindo axuda para recompilar esa información que pasa de xeración en xeración na fala da xente e que precisamos lembrar. 









venres, 6 de novembro de 2020

Ciencia en galego

Neste mes de novembro imos experimentar,  probar e comprobar o funcionamiento das cousas e para iso precisamos seguir o método cientifico.
Aquí vos deixamos unha infografía en galego cos pasos a seguir. Esperamos que vos sexa de utilidade
Tamén  seleccionamos algúns enlaces interesante para traballar a ciencia cos nenos e nenas. 

@  4 Experimentos científicos muy fáciles con los que divertir a los niños

Manual de 50 experimetos para nenos/as 

¡15 experimentos científicos para Primaria! 

Libreta de Experimentos en galego 1

Libreta de Experimentos en galego 2

 








 





 

luns, 12 de outubro de 2020

Recursos para o Samaín

 Velaquí algúns vídeos con contos de medo. 


No seguinte enlace podedes atopar os fondos que temos na biblioteca do cole para traballar neste tempo do Samaín: contos de medo, de bruxas, vampiros, monstros, fantasmas, ogros, esqueletos e moito máis.



venres, 9 de outubro de 2020

Recomendacións lectoras

 Bos días lectores e lectoras!

Como chegan tantos días agora de vacacións, tamén podemos desfrutar lendo! A continuación tedes unha páxina onde podedes encontrar unhas recomendacións lectoras moi boas. Entrade no seguinte enlace e investigade!

Rede Lectura

luns, 5 de outubro de 2020

LEMA PLAMBE

O lema e o cartel publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Asesoría de Bibliotecas Escolares) para as bibliotecas escolares de Galicia cara a este curso 2020/21, «Xeografías lectoras na biblioteca escolar», quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon á disposición da comunidade educativa.

luns, 17 de agosto de 2020

Compartindo opinións sobre a Mochila Viaxeira

 Velaquí algunhas das vosas aportacións aos Diarios Viaxeiros que acompañan as Mochilas Viaxeiras. Neles compartides opinións, debuxos e agradecemntos. Moitas grazas por participar.


xoves, 18 de xuño de 2020

Concurso literario Letras Galegas concello de Ribeira

Aínda que a celebración das Letras Galegas quedou posposta para máis adiante, algúns animáronse a participar no XXVIII concurso do concello de Riberia. Temos unha recompilación destas creacións que confiamos vos guste un mundo.

martes, 2 de xuño de 2020

Recomendacións da biblioteca para o verán

E para o verán traemos algunhas propostas moi interesantes de libros. Xa están organizadas por idade e ben explicado o seu contido. 
De este xeito tamén contribuimos a manter o traballo de todos/as aqueles/as que forman parte deste máxico múndo da palabra, que nestes tempo de encerro facilitaron o acceso a moitos materialis gratuitamente.

venres, 22 de maio de 2020

Máis recursos para coñecer a Ricardo Calero

Velaquí unhas actividades interactivas e interdisciplinares que teñen como finalidade que a rapazada aprenda xogando, ao mesmo tempo que traballan contidos das diferentes materias.
Son un resumo da biografía de Ricardo Carvalho Calero e está feito por María José Pato Fernández, mestra de Ed. Primaria.

Esta outra foi elaborado por María José Pato Fernández coa colaboración de María Josefa del Río Mosquera, ambas mestras de Educación Primaria

venres, 8 de maio de 2020

Letras Galegas 2020

Este vai ser un mes das "Letras Galegas" diferente, con case todo o que está a acontecer ao noso arredor. Aínda así queremos coñecer ao homenaxeado nesta ocasión, Ricardo Carballo Calero.
Compartimos con toda a comunidade dous enlaces que usamos todos os anos para traballar co alumnado as figuras destacadas das nosas Letras Galegas. Esperamos que vos gusten. 
Preme nas imaxes  para acceder aos recursos                                               

Primavera das Letras

Seminario Galán

martes, 28 de abril de 2020

E a ti, cal che gusta máis?

Xa estamos aquí con máis aportacións lectoras. Nesta ocasión María de 1º e Hugo de 2º comparten connosco fotos cos seus libros favoritos. E de novo Arancha de 4º preséntanos ourto libro moi especial.



luns, 27 de abril de 2020

E a ti, cal che gusta máis?

E aquí temos máis recomendacións de lectura. Un aplauso forte para todo o alumnado participante. 👏👏👏
Gozade cos vídeos e... Mañá máis, que non mellor.




sábado, 25 de abril de 2020

xoves, 23 de abril de 2020

E ati, cal che gusta máis?

Hoxe temos novas recomendacións de libros feitas polo alumnado de 1º. Na esquerda o debuxo do nen@, na dereita, a información do libro.

                      

mércores, 22 de abril de 2020

E a ti, cal che gusta máis?

Xa temos outro "Booktuber", o que ven sendo un rapaz ao que lle gusta contarvos, a través dun vídeo, de que vai un dos libros que lle gustan. Chámase Lois Otero, de 2º de primaria.









martes, 21 de abril de 2020

Miña casiña meu lar

Familias, este relato da familia de Enzo Queiruga Piñeiro ,4ºEducación Infantil,  quere transmitir a toda a comunidade educativa un raio de esperanza nesta situación tan extraordinaria. 
Grazas á familia de Enzo, especial á súa mamá, Nerea, por compartir con nós a súa experiencia.  

"Saber vivir é facer o mellor que podemos co que temos no momento no que nos atopamos " Alejandro Jodorowsky, escritor e filósofo


Bicos a tod@s e moitos folgos.

xoves, 16 de abril de 2020

E a ti,cal che gusta máis?


Xa sei que estades cansos de tanta casa, aguantade un pouquiño máis que xa falta menos. Para non aburrirse que tal si facedes o que vos porpoño de seguido. 
Xa que estamos no mes do libro por que non presentamos o noso libro favorito? Podemos facelo grabando un vídeo ou facendo un debuxo da súa portada.
Animádevos e enviar os vídeos e as imaxes (sacadeslle unha foto e listo) á conta do aquel aquelfrions@gmail.com Non esquezades poner o nome. 
Velaquí temos algunhas que xa nos mandaron. Sauidiños!








            

mércores, 15 de abril de 2020

Contos con pictogramas

Debido á situación actual, a organización Aprendices Visuales compartiu connosco, de forma gratuíta,  20 contos con  pictogramas.

Son contos  online, que  poden descargar tanto o profesorado como as familias  desde a súa web. Están especialmente enfocados a Educación Infantil, Primeiro ciclo de primaria e a todos aqueles que precisen do apoyo que ofrecen os pictogramas. 

Os diferentes títulos están orientados ao  traballo da autonomía na casa, as emocións e a iniciación á  lecto-escritura de forma lúdica. Ademais existe unha aplicación cos contos interactivos, que lles pode dar bastante cobertura ás familias.

 Velaquí unha mostra dos contos. Ide á web e gozar coa lectura.

mércores, 1 de abril de 2020

Máis recursos de lectura e aprendizaxe

Velaquí os recursos facilitados polo Consorcio Editorial Galego nesta situación de cuarentena.

"Grazas a solidariedade e xenerosidade de moitos e moitas creadoras e editoriais podemos achegarvos unha serie de materiais educativos de balde para facer máis levadía esta situación excepcional"

Preme nas editoriais para acceder


Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades

Catro Ventos Editora

Como liberar o potencial do voso neno: Kit completo de actividades Montessori 0-2 anos
Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal
Contos contados en Kalandraka TV
Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"

xoves, 19 de marzo de 2020

A lectura fainos viaxar

Sumámonos ao reto de facilitar nestes días á rapazada, recursos para desfrutar do tempo na casa.
Que mellor que ler para entreterse e viaxar coa imaxinación a lugares nos que nunca estivemos. 
QUERÉDELO TENTAR!!! 
Velaquí uns enlaces a sitios web cheos de libros para ler e ver. Botadelle unha ollada e a gozar. 
Preme nas imaxes para ir ao sitio WEB






  





venres, 7 de febreiro de 2020

Concurso literario de Nadal

En decembro propuxemos ao alumnado que creasen contos e insertasen na trama algún xogo. Velaquí a recompilación dos contos gañadores que saíron da mente dos/as nosos/as escritores/as. 

luns, 20 de xaneiro de 2020

Día escolar da PAZ e a non violencia

Imagen de Annette Jones en PIXABAY

Novamente compartimos con todos vos unhas ligazóns a páxinas donde podemos atopar información e recursos para traballar pola convivencia pacifica e a resolución de conflitos, o mellor camiño para VIVIR EN PAZ.