mércores, 31 de maio de 2017

Concurso de maio "foto e adiviña"


No mes de maio, a través da páxina do facebook  O Aquel de Frións, propuxemos facer un concurso de refráns entre os visitantes do perfil. A foto que tivo mais "likes", foi a dun cuco, enviada por Lugo Rios Montes e Vales, co seguinte refrán:
"Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil, e entre 
San Xoan e a sega, marcha o cuco para a súa terra"

Moitas gracias pola
aportación desta foto que ambientará o noso centro.

xoves, 25 de maio de 2017

Anxo Moure e "Caramulo"

O 25 de maio, desfrutamos da visita do escritor chantadino Anxo Moure, a través da editorial Consorcio. Os máis pequenos do cole participaron activamente e moi entusiasmados coas súas historias, presentando a "Caramulo", a súa última obra, dentro da súa traxectoria en defensa da natureza: "O carballo con botas", "A Xacia Luviña", " O paraugas milaugas"...










xoves, 18 de maio de 2017

"Miña terriña", Premio Certame Literario maio 2017

O alumno de 6º curso, Juan Francisco Tomé Sampedro, obtivo un premio no Concurso Literario das Letras Galegas do Concello de Riveira, con "Miña terriña", proba de que non todo é futbol o que lle sae ben a este mozo.

xoves, 11 de maio de 2017

Buceando na busca de novas especies

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións.
O xoves 11 de maio, tivemos unha CHARLA para o alumnado de 5º e 6º curso, polo encargado do CENTRO DE BUCEO HYDRONAUT EN RIBEIRA e presidente do GRUPO DE ESTUDOS DO MEDIO MARIÑO (GEMM). Jacinto Pérez é un buceador que busca quen apadriñe novas especies que descubren nas súas inmersións pola ría, proba do cambio climático.

martes, 9 de maio de 2017

Lendo á sombra intercentros

No patio do CEIP pl. de Frións, recibimos ao alumnado do CEEPR Amicos e ao do CEP Pilar Maeztú Sierra, para que o alumnado de 6º curso, xa experto lector, distribuido en grupos lles lesen contos emocionais e en valores. Despois desfrutaron da merenda e do xogo nun recreo compartido... Que ben o pasaron e canto desfrutaron.Unha experiencia a repetir.









luns, 8 de maio de 2017

Medicina e valores polo mundo

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións:
o luns 8 de maio, tivemos unha CHARLA sobre ONGs, pola PEDIATRA DO HOSPITAL DO BARBANZA (Marian Cangas). Primeiro leulles un conto ao alumnado de EI, un Kamisibai sobre a sida en África e logo faloulles ao alumando de 5º e 6º curso, sobre a súa labor en Paquistán e en Kenia, colaborando con Médicos sen Fronteiras.





 

xoves, 4 de maio de 2017

Novidades


EXPER-I-CIENCIA. correntes mariñas

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións:
o xoves 4 de maio, tivemos unha EXPERIENCIA-CHARLA DUN CIENTÍFICO (Antonio Cobelo, experto en correntes mariñas), solicitado desde EXPER-I-CIENCIA CSIC, para o alumnado de 5º e 6º curso. Foi toda unha experiencia misturar auga de cores doce e salgada, vendo como reaccionan.





mércores, 3 de maio de 2017

Concurso de tartas con froita

O alumnado de 2º curso, coa colaboración das súas familias, participou nun concurso de tartas. O requisito fundamental é que levasen froita na súa elaboración. O premio estivo moi reñido, pois todas estaban de rechupete. Houbo un premio á presencia e outro ao sabor.







martes, 2 de maio de 2017