venres, 20 de decembro de 2013

Concurso de postais 20-13-14

Este ano quixemos felicitar o nadal de xeito especial e moi mariñeiro. O concurso de postais tivo como motivo o mar e versionamos a panxoliña "Pero mira como beben os peixes...", e mimá!!!... como a cabeza non para, deu para voar a imaxinación ;-))
Mira e verás: "NO NADAL, CANTAS SORPRESAS VIVIRÁS"

venres, 13 de decembro de 2013

AS VISITAS AO COLE DE FRIÓNS NO PRIMEIRO TRIMESTRE 2013-14

No primeiro trimestre, tivemos moitas visitas: O DEPARTAMENTO DE IGUALDADE DO CONCELLO, OS AXENTES FORESTAIS E NAIS DO ALUMNADO EXTRANXEIRO DE CONTACONTOS.

mércores, 11 de decembro de 2013

FORMACIÓN DE USUARIOS, MOCHILAS VIAXEIRAS E APADRIÑAMENTOS LECTORES, nocurso 2013-14

No primeiro trimestre, tivemos a Formación de Usuarios nos distintos cursos de educación infantil e primaria e inicio do recorrido das Mochilas Viaxeiras polos fogares ribeirenses, con material da biblioteca para toda a familia.
Actividade novidosa neste curso, son os Apadriñamentos Lectores de alumnado de 6º de primaria, que lles len contos a alumnos e alumnas de infantil os luns no proxeco lector, "de tú a tú"...en calquera sitio do cole!

domingo, 24 de novembro de 2013

NO SAMAIN COS CELTAS E NO MAGOSTO COS XOGOS NOS DIVERTIMOS

Tivemos un Samaín moi celta, con cabazas decoradas de mostros mariños, fadas celtas de auga... e as creacións artísticas cos productos de outono, foron de "nota".
No magosto castañas comemos e moito xogamos aos xogos populares e tradicionais: bolos, aros, a rá...

xoves, 24 de outubro de 2013

O noso Proxecto de Biblioteca e a visita de Palmira no día dasBiblitecas

Xa estamos a traballar no Proxecto de Biblioteca para curso 2013-14, "Lendo contos do mar, letriñas veñen e van" e visitounos Palmira de "Mimadriña", con motivo do día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro 2013.


mércores, 23 de outubro de 2013

MIMADRIÑA! 29 de Outubro día das Bibliotecas

Atrasamos a celebración con motivo do día das bibliotecas o 24 de outubro, ata o vindeiro martes 29 de outubro e descubriremos Mimadriña!, a obra en papel feita a man de Palmira Castro Marcote de Sardiñeiro, Fisterra... Seguide atentos ao que aconteza na casa do Aquel ;-))

MAÑÁ 24 DE OUTUBRO, DÍA DE FOLGA

Uns irán e outros non... para os indecisos, comparto o enlace dos compañeiros de TRAFEGANDO RONSEIS: Mañá vou á folga

@S frioneir@s manifestamos que:
A ESCOLA PÚBLICA É PARA TOD@S,
NON SE VENDE... SE DEFENDE!

martes, 17 de setembro de 2013

Estamos de volta e sobre o mar imos investigar!

De novo voltamos e nos reencontramos cos nosos amigos e amigas, cos que desfrutamos. Este curso vai ser moi mariñeiro, xa o vas ver!. Xa que vivimos en Ribeira, neste bonito lugar, sobre o mar imos traballar!...

O Aquel

xoves, 5 de setembro de 2013

Como por arte de maxia...

Con maxia rematamos o curso... e como por arte de maxia, XA ESTAMOS DE VOLTA. Pronto poremos as novidades deste ano, non deixedes de visitarnos!



xoves, 20 de xuño de 2013

Licenciatura con honores do alumnado de 6º curso de primaria

Este ano os nosos alumnos e alumnas de 6º curso, organizaron tremenda festa fin de etapa, non faltou detalle nin emocións a flor de pel... Esto é un adianto, o resto das fotos...en próximo capítulo, je





mércores, 19 de xuño de 2013

Excursión FIN DE CURSO 2012-13 a NaturMaZ, Mazaricos.

O alumnado de 2º e 3º ciclo, lembrará as aventuras que en xuño do 2013 viviron en NaturMaZ, Mazaricos, practicando actividades ben divertidas.





Obras de teatro de títeres como remate do PROA

O Grupo dos pequenos deleitounos con esta pequena obra de teatro, titulada " TODAS LAS COSAS SE PIDEN POR FAVOR "



O grupo dos maiores tamén nos deleitou con esta pequena obra:

Rematou o PROA

Aquí tendes un adelanto do que nos deixou ese día tan entrañable, a despedida do PROA, botádelle un vistazo, e non choredes, para o ano mais, rapaces.... e con mais gañas....


martes, 4 de xuño de 2013

LEMOS, CANTAMOS, BAILAMOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Por motivos atmosféricos, o día das Letras Galegas non poidemos gravar este video " Lemos,cantamos,bailamos no día das Letras Galegas", animádevos e vamos a velo....

VISITA DOS AXENTES FORESTAIS

O día 23 de maio, tivemos unha visita moi especial, dous axentes forestais viñéronos dar unha charla sobre uns animais moi peculiares desta zona, miremos e investigemos .....

martes, 30 de abril de 2013

Visita de Anxo Moure

O escritor Anxo Moure visitounos, deixounos a todos coa boca aberta, home peculiar donde os haxa pero moi entregado coa natureza, e sobre ilo se refire nos seus contos.....os nenos quedaron entusiasmados...


E NO COLE , ONDE LES TI ?

POLO DÍA DO LIBRO
Actividade programada pola biblioteca e na cal se involucraron todos os titores e pais dos nenos.
Facer fotos aos nenos lendo, en calquera situación, cal a mais simpática, orixinal e pintoresca, isto foi o resultado, todo un éxito...

E NO COLE, ONDE LES???


E TI, ONDE LES???

Rapeando un conto no " PROA "

Escoitade como rapeamos estes contos...






A HISTORIA DE BRANCAFROR

Saída ao Auditorio de Ribeira a ver " Historia de Brancafror "

venres, 19 de abril de 2013

Inventos absurdos de 6º curso 2012-13

O grupo de alumnos de 6º curso fixeron inventos imaxinarios con material de reciclaxe en traballo colaborativo: unha gravadora/fotocopiadora de soños, unha máquina de facer deberes, a semente dos desexos, un "fototuive”... inventos que explicaban como era o seu funcionamento para que os ointes elexisen cal sería o de máis éxito...como se tivesen que vendela...e defendéronos moi ben!

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

mércores, 10 de abril de 2013

Visítanos o escritor Anxo Moure - 30 Abril-

O DÍA 30 DE ABRIL
EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA

O martes o 30 de abril, virá a visitarnos o contacontos Anxo Moure para amosarnos mais segredos dos seus libros, e en concreto " Do carballo con botas "...


xoves, 21 de marzo de 2013

E DAS ÁRBORES BROTOU A POESÍA

Lectura de poesías escritas nunha plantilla de forma de folla adicadas ás árbores transplantadas no patio , con motivo do día da árbore e da poesía o 21 de marzo.