martes, 10 de xuño de 2014

EDUCACIÓN INTERCULTURAL

No PROA estivemos adicando varias sesións ao coñecemento de outras culturas (costumes, formas de vestir,...) e, para elo, partimos dos coñecementos previos do alumnado e, coa axuda da rede, xornais, revistas,... fomos ampliando o coñecemento.
Os nosos compañeiros, Machura e Hicham, ensináronnos os seus nomes en árabe. A maior sorpresa foi ver (tal e como dixo Iker) que "escriben ao revés" ;) Por suposto, todos queriamos aprender como se escribe o noso nome.
Foi moi interesante e aprendemos moito grazas aos nosos compañeiros que fixeron de mestres por un día e fixéronno xenial!!!

luns, 9 de xuño de 2014

CONTO COLABORATIVO

Fixemos un conto colaborativo e cooperativo en cada grupo do PROA. Foi moi entretido e motivador para o alumnado, pois todos participaron e conseguiron facer unhas historias moi interesantes e divertidas.
Con esta actividade traballamos e fomentamos a expresión escrita, a creatividade, o traballo cooperativo,... Certo é que a actividade nos levou moito tempo facela pero vendo os resultados podemos dicir que pagou a pena ;)

mércores, 21 de maio de 2014

Parabéns Noemí !!!

No PROA celebramos o cumple da nosa compañeira Noemí e, entre outras cousas, aprendemos a facer croissants e saíron boísimos :)
Agora os rapaces xa saben facelos e teñen a receita anotada no caderno.
A nosa conclusión é que a mellor maneira de aprender é APRENDER FACENDO xD, pois mediante esta receita non só traballamos secuenciación, medidas,... senón tamén as figuras xeométricas ( dado que os croissants facémolos partindo de triángulos, jeje).
Que vos parecen???

sábado, 17 de maio de 2014

Día das Letras Galegas!!!

Así ve o alumnado do PROA a Xosé María Díaz Castro ;)
Fixemos dous murais ( un por grupo) e, como se pode observar, cada rapaz fixo un retrato do autor (do cal buscamos información na rede) e o resultado é xenial !!!
Escollemos da obra do autor "A NOITE É NECESARIA" e "ESMERALDA" para realizar cada un dos murais.

domingo, 4 de maio de 2014

Día da nai

Parabéns a tódalas nais :).
As nais do PROA recibiron un agasallo moi fermoso elaborado polo alumnado con todo o cariño e tamén unha tarxeta "especial" que vai incluída.
Desexamos que vos gusten!!!!

mércores, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Dende o PROA queremos fomentar a lectura, o hábito lector, o ler por pracer, por gusto,... Pois non hai maior satisfacción :)

xoves, 10 de abril de 2014

Pareados coas táboas de multiplicar :)

Dado que se nos fai moi difícil aprender as táboas de multiplicar, no PROA fixemos pareados para axudarnos a aprendelas mellor XD
Aquí temos algúns exemplos desta divertida actividade:
"Tres por cinco son quince y me hago un esguince"
"Tres por una son tres y me comí lo de ayer"
"Dos por una dos y comí papas con arroz"
"Cuatro por dos son ocho y me como un bizcocho"