Para rematar o curso presentamos a nova edición da Revista Aquelar. Cos traballos do noso alumnado xirando en torno ao tema deste curso "ESCRIBIR", lema das Bibliotecas Escolares.
Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
venres, 30 de xuño de 2023
luns, 26 de xuño de 2023
Todos a reciclar
xoves, 22 de xuño de 2023
Recompensa ao noso voluntariado
Quixemos recompensar a axuda prestada por o alumnado de 5º e 6º que neste curso formaron parte do equipo de voluntarios de biblioteca. Tiveron unha sesión de cine con palomitas incluidas. Estamos moi agradecidos pola súa colaboración.
mércores, 21 de xuño de 2023
Recomendacións para o verán
Xa rematamos este curso e pechamos temporalmente a nosa biblioteca pero compartimos con vos algúns libros para desfrutar do tempo de lecer.
venres, 2 de xuño de 2023
Romaría Letras Galegas
Compartimos con todos vos algúnhas imaxes da celebración das Letras Galegas deste curso no cole de Frións.
mércores, 31 de maio de 2023
Día Mundial do Medio Ambiente
Para nos é moi importante coidar do Medio Ambiente e aprender más como podemos axudar con pequenas accións día tras día.
Compartimos con toda a comunidade os seguintes enlaces cargadiños de información e variadas maneiras de contribuir nesta importante tarefa.