venres, 29 de maio de 2026

AVISO DE BIBLIOTECA

 AVISO!!!

Neste mes de xuño xa non haberá préstamo de libros de texto da biblioteca.

Recordade devolver os exemplares que teñades na casa.

Gracias a todos os axudantes da biblioteca que neste curso colaboraron connosco a abrir a biblioteca nos recreos, a facer préstamos de libros, colocar os libros nos andeis,...

Noraboa polo voso traballo que se premiará!!!!!     ; )


luns, 25 de maio de 2026

ENTREVISTA A DIEGO VIAÑO

 ENTREVISTA AO "HOME DO TEMPO" DA TVG DIEGO VIAÑO

Este luns 25 de maio veunos visitar Diego Viaño para explicar como se elaboran as novas do tempo, cando se graban, as horas de emisión,...

Os alumnos/as de 6º curso entrevistárono na nosa radio escolar.

Como agasallo regalounos unha mochila do Xabarín Club.

Moitas gracias.




venres, 22 de maio de 2026

ROMERÍA LETRAS GALEGAS

 ROMERÍA

Gracias a todos e todas as que participaron un ano máis nesta campaña solidaría.

Coma sempre, un éxito!!!!!





xoves, 21 de maio de 2026

ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026

 Como vimos facendo dende fai uns anos, dende a biblioteca colocamos o noso propio posto na Romería. Nela entregamos libros a cambio de alimento de gatos para a asociación protectora Callejeros Barbanza.


xoves, 14 de maio de 2026

CONCERTO NA BIBLIOTECA

 CONCERTO NA BIBLIOTECA

O 12 de maio tivemos un concerto de guitarra de Beatriz Fernández para o alumnado de 4º de Infantil  na biblioteca. Cantamos cancións coñecidas para os nenos/as, tamén puidemos bailar  con moito ritmo.

Gracias por ensinarnos a tocar a guitarra. Nenos/as pequenos pero grandes artistas!!!!!





mércores, 13 de maio de 2026

Letras galegas 2026

                                                            LETRAS GALEGAS 2026

BEGOÑA CAAMAÑO 




Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia.


                                        


martes, 5 de maio de 2026

BIBLIO NAS ONDAS

 BIBLIO NAS ONDAS

Con este título abriremos a sección de biblioteca na radio.

No que grabaremos Poscats na que os nenos/as falen sobre libros e experiencias na biblioteca.

Este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas con Begoña Caamaño, xornalista  e locutora de radio quixemos facerlle unha homenaxe creando unha exposición sobre radios antigas.