BIBLIO NAS ONDAS
Presentamos o primeiro podcast da biblioteca de Frións.
Esperamos que vos guste.
Premede na imaxeBlog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
BIBLIO NAS ONDAS
Presentamos o primeiro podcast da biblioteca de Frións.
Esperamos que vos guste.
Premede na imaxeAVISO!!!
Neste mes de xuño xa non haberá préstamo de libros de texto da biblioteca.
Recordade devolver os exemplares que teñades na casa.
Gracias a todos os axudantes da biblioteca que neste curso colaboraron connosco a abrir a biblioteca nos recreos, a facer préstamos de libros, colocar os libros nos andeis,...
Noraboa polo voso traballo. Aquí tendes un agasallo!!!!! ; )
ENTREVISTA AO "HOME DO TEMPO" DA TVG DIEGO VIAÑO
Este luns 25 de maio veunos visitar Diego Viaño para explicar como se elaboran as novas do tempo, cando se graban, as horas de emisión,...
Os alumnos/as de 6º curso entrevistárono na nosa radio escolar.
Como agasallo regalounos unha mochila do Xabarín Club.
Moitas gracias.
ROMERÍA
Gracias a todos e todas as que participaron un ano máis nesta campaña solidaría.
Coma sempre, un éxito!!!!!
Como vimos facendo dende fai uns anos, dende a biblioteca colocamos o noso propio posto na Romería. Nela entregamos libros a cambio de alimento de gatos para a asociación protectora Callejeros Barbanza.
CONCERTO NA BIBLIOTECA
O 12 de maio tivemos un concerto de guitarra de Beatriz Fernández para o alumnado de 4º de Infantil na biblioteca. Cantamos cancións coñecidas para os nenos/as, tamén puidemos bailar con moito ritmo.
Gracias por ensinarnos a tocar a guitarra. Nenos/as pequenos pero grandes artistas!!!!!
LETRAS GALEGAS 2026
BEGOÑA CAAMAÑO
BIBLIO NAS ONDAS
Con este título abriremos a sección de biblioteca na radio.
No que grabaremos Poscats na que os nenos/as falen sobre libros e experiencias na biblioteca.
Este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas con Begoña Caamaño, xornalista e locutora de radio quixemos facerlle unha homenaxe creando unha exposición sobre radios antigas.
LECTURA EN FAMILIA
QUE CONTO SON?
Coma todos os cursos e para conmemorar o día do libro, no CEIP de Frións realizamos un concurso para os nenos/as nos que os mestres/as levamos pistas dun conto e o alumnado ten que adiviñar Que conto son?
Mostramos o listado dos libros elexidos polo profesorado este ano.
MARCAPÁXINAS (Día do libro)
Aquí temos unha mostra de diferentes marcapáxinas realizados polo alumnado de 6º curso. todos eles foron elaborados mediante o programa CANVA.
PROXECTO PLEA
Enquisa para o alumnado de CEIP PL de Frións
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/oe6otwBkq5S2BFekejstCCQC
Data de finalización : 14 de marzo
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, no que realizamos diferentes actividades conmemorativas.