luns, 22 de outubro de 2012

Formación de usuarios e mochilas viaxeiras

22 de outubro de 2012

Como cada ano, o Aquel quere "recordar" a formación de usuarios e sacou os xogos de cómo desenvolvernos na biblioteca do armario. Todos os cursos baixarán á biblioteca, a facer estas actividades de formación de usuarios, ao longo da terceira semana de outubro, aproveitando a conmemoración das Bibliotecas Escolares.

Tamén volven a saír do cole, cargadas para viaxar por Ribeira, as nosas Mochilas Viaxeiras, visitando os fogares dos nosos nenos e nenas, con material escollido polo Aquel coa axuda dos membros do equipo de biblioteca.

De novo, unha morea de contos, poesías, comics, libros de coñecementos, revistas, discos, películas, lecturas para papás e mamás.... especialmente pensados para cada un dos alumnos e alumnas, marchan para para convivir coas súas familias durante unha semana.




As Mochilas voltarán con moito que contar nos seus “diarios viaxeiros”, nesta experiencia que este ano contará cunha mochila por curso, con todo ben explicado (libros e material que levan, díptico coas normas das mochilas, outro coas normas da biblioteca, quia de uso dos diarios viaxeiros).

O Aquel continua, moi atento dende a biblio, asegurándose de que todo funcione correctamente e de que ningunha mochila se retrase na chegada ao seu destino ou traia material estragado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario