Partimos de preguntas do alumnado de 3º e 4º curso, que QUERÍAN SABER:
¿De que están feitos os ovos?
¿Como se crea o ovo dentro da galiña?
¿Como se fai o cascarón? ¿De que está feito?
¿En que parte do corpo a galiña fai os ovos?
¿Todos os ovos de galiña poden ter pitiños?
¿Como sabemos se un ovo está fertilizado?
¿A que temperatura se incuba un ovo?
¿Canto tempo dura a incubación dun ovo?...

Recollidas as preguntas, fixeronse tres grupos de traballo na aula de 5º curso e van plasmando nun cartel o seu traballo colaborativo en tres apartados:
-"que pensamos" antes de empezar co tema.
-"que nos interesa", unha vez imos avanzando nos contidos e o que lles vai interesando saber.
- "que investigo", onde xa van contestando o que lles interesou investigar para coñecer máis sobre o tema e poder responderlle aos compañeiros de 3º e 4º curso.



Ademáis, cada grupo vai recopilando fotos e distintos materiais relacionados cos ovos, polos, aves...e outros animais ovíparos, para facer unha exposición.
Co resultado da investigación o alumnado de 5º curso fará unha presentación dixital para acompañar a exposición oral do seu traballo, así como un libro de aula que recolla os "SABIAS QUE" que foron investigando do ovo ao polo.


E como broche final, ESTAMOS A INCUBAR OVOS NO COLEXIO!!!. Temos unha incubadora en préstamo e botamos ovos caseiros, debidamente fertilizados polo galo do galiñeiro e cada día os/as alumnos/as de 5º se van turnando para "removelos" e asegurar que están ben quentiños.


O entusiasmo é moito...e temos vixiando o noso pito de Frións, a ver se coa axuda do Aquel saen a ramo todos os pitiños deste "proxecto frioneiro"...a pesar dos tronos, granizadas e tornados!


Ningún comentario:
Publicar un comentario