mércores, 15 de abril de 2020

Contos con pictogramas

Debido á situación actual, a organización Aprendices Visuales compartiu connosco, de forma gratuíta,  20 contos con  pictogramas.

Son contos  online, que  poden descargar tanto o profesorado como as familias  desde a súa web. Están especialmente enfocados a Educación Infantil, Primeiro ciclo de primaria e a todos aqueles que precisen do apoyo que ofrecen os pictogramas. 

Os diferentes títulos están orientados ao  traballo da autonomía na casa, as emocións e a iniciación á  lecto-escritura de forma lúdica. Ademais existe unha aplicación cos contos interactivos, que lles pode dar bastante cobertura ás familias.

 Velaquí unha mostra dos contos. Ide á web e gozar coa lectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario