martes, 25 de novembro de 2025

25 N - DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.


Hoxe no colexio conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Os compañeiros de quinto de primaria recitaron o seguinte poema:


MERECES UN AMOR QUE TE QUEIRA DESPEITEADA.

Mereces un amor que te queira despeiteada, 
incluso coas razóns que te levantan depresa
 e con todo e os demos que non te deixan durmir. 
Mereces un amor que te faga sentir segura, 
que poida comer o mundo se camiña da túa man,
 que sinta que as túas apertas van perfectas coa túa pel. 
Mereces un amor que queira bailar contigo, 
que visite o paraíso cada vez que ve os teus ollos
 e que non se aburra nunca de ler as túas expresións.
 Mereces un amor que te escoite cando cantas, 
que te apoie nos teus ridículos, 
que respecte que es libre, 
que te acompañe no teu voo, 
que non lle asuste caer. 
Mereces un amor que leve as mentiras, 
que che traia a ilusión, o café e a poesía.

  Frida Khalo / Estefanía Mitre
 

venres, 24 de outubro de 2025

INFORMACIÓN SOBRE AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 Este curso 2025/2026 chega cunha nova sorpresa.

Cada vez que rematedes de ler os exemplares da mochila, podedes votar polo que máis vos gustou. Para iso, debedes colorear unha estrela no folio do concurso que se atopa no sobre anexo.

Só se pode emitir un voto por familia, de xeito que tamén é unha oportunidade para compartir opinións e escoller entre todos.

Moitas grazas por acompañar esta aventura lectora que tanto contribúe a fomentar o amor polos libros.



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, unha data moi especial para lembrar a importancia dos libros, da lectura e de todos os espazos onde a imaxinación se convirte en palabras.
E que mellor maneira de celebralo que poñendo en marcha un dos proxectos que máis ilusión nos fai cada curso escolar... As mochilas viaxeiras!


As nosas mochilas xa están en camiño ás vosas casas.
Gracias pola colaboración familias.



mércores, 1 de outubro de 2025

APERTURA BIBLIOTECA 2025/2026

Queridas familias, alumnado e comunidade educativa:

Comezamos un novo curso escolar cheo de ilusión, novidades e... moitos libros!

A nosa biblioteca abre de novo as súas portas para encher o cole de contos, aventuras, poesías e descubrimentos.



Benvidos de novo!