venres, 24 de xaneiro de 2014

Comezamos con moito ánimo e entusiasmo!!!

Ao igual que o ano pasado, este ano ao PROA vai o alumnado en dous grupos...empezamos con moitas ganas e ilusión, queremos pasalo moi ben e aprender mogollón :-))

martes, 21 de xaneiro de 2014

Comezamos o PROA

Este curso 2013-14 comeza en xaneiro o PROA, dámoslle a benvida a Carmen, a nova profesora do PROA, con moitas ganas e ilusións......

venres, 20 de decembro de 2013

Concurso de postais 20-13-14

Este ano quixemos felicitar o nadal de xeito especial e moi mariñeiro. O concurso de postais tivo como motivo o mar e versionamos a panxoliña "Pero mira como beben os peixes...", e mimá!!!... como a cabeza non para, deu para voar a imaxinación ;-))
Mira e verás: "NO NADAL, CANTAS SORPRESAS VIVIRÁS"

venres, 13 de decembro de 2013

AS VISITAS AO COLE DE FRIÓNS NO PRIMEIRO TRIMESTRE 2013-14

No primeiro trimestre, tivemos moitas visitas: O DEPARTAMENTO DE IGUALDADE DO CONCELLO, OS AXENTES FORESTAIS E NAIS DO ALUMNADO EXTRANXEIRO DE CONTACONTOS.

mércores, 11 de decembro de 2013

FORMACIÓN DE USUARIOS, MOCHILAS VIAXEIRAS E APADRIÑAMENTOS LECTORES, nocurso 2013-14

No primeiro trimestre, tivemos a Formación de Usuarios nos distintos cursos de educación infantil e primaria e inicio do recorrido das Mochilas Viaxeiras polos fogares ribeirenses, con material da biblioteca para toda a familia.
Actividade novidosa neste curso, son os Apadriñamentos Lectores de alumnado de 6º de primaria, que lles len contos a alumnos e alumnas de infantil os luns no proxeco lector, "de tú a tú"...en calquera sitio do cole!

domingo, 24 de novembro de 2013

NO SAMAIN COS CELTAS E NO MAGOSTO COS XOGOS NOS DIVERTIMOS

Tivemos un Samaín moi celta, con cabazas decoradas de mostros mariños, fadas celtas de auga... e as creacións artísticas cos productos de outono, foron de "nota".
No magosto castañas comemos e moito xogamos aos xogos populares e tradicionais: bolos, aros, a rá...

xoves, 24 de outubro de 2013

O noso Proxecto de Biblioteca e a visita de Palmira no día dasBiblitecas

Xa estamos a traballar no Proxecto de Biblioteca para curso 2013-14, "Lendo contos do mar, letriñas veñen e van" e visitounos Palmira de "Mimadriña", con motivo do día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro 2013.