xoves, 6 de novembro de 2014

Samaín 2014 en Frións

IMG-20141028-WA0003

Chegou o Samaín!! Fixemos unha exposición de cabazas e logo, mediante voto segredo de cada alumno, votáronse os gañadores e repartíronse os galardóns nunha estupenda cerimonia celebrada no ximnasio. Logo, aproveitando o bo tempo que facía, saimos a bailar no patio unha canción moi divertida chamada "Fogo Nicolás"

martes, 21 de outubro de 2014

Os números do noso corpo e as medidas

As criaturas de 1º curso estiveron á rebusca de números no seu corpo (etiquetas de roupa, zapatos...) e tamén anotamos a súa medida (cos pés, coas palmas...e coa cinta métrica). Os padriños lectores de 6º curso tamén colaboraron nas medicións!!!!

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

ficha

martes, 23 de setembro de 2014

Comezamos novo proxecto viaxeiro neste curso 2014-15

Este ano o proxecto de biblioteca daranos billetes para viaxar a lugares por explorar...eses grandes descoñecidos que son os libros por ler...
foto proxecto lendo contos do aquel moito viaxarei

sábado, 14 de xuño de 2014

REMATOU O PROA

Para despedir o PROA fixemos unha gran festa onde bailamos, xogamos, comemos moito e, sobre todo, pasámolo xenial.
Foi unha despedida moi emotiva :(
A profe deséxavos unhas felices vacacións ;)
Aquí recollemos algúns dos momentos vividos e que recordaremos sempre:

venres, 13 de xuño de 2014

VALORACIÓNS DO PROA

A continuación podemos ver algunhas das valoracións do alumnado sobre o PROA.
A profe do PROA está moi feliz :)

martes, 10 de xuño de 2014

EDUCACIÓN INTERCULTURAL

No PROA estivemos adicando varias sesións ao coñecemento de outras culturas (costumes, formas de vestir,...) e, para elo, partimos dos coñecementos previos do alumnado e, coa axuda da rede, xornais, revistas,... fomos ampliando o coñecemento.
Os nosos compañeiros, Machura e Hicham, ensináronnos os seus nomes en árabe. A maior sorpresa foi ver (tal e como dixo Iker) que "escriben ao revés" ;) Por suposto, todos queriamos aprender como se escribe o noso nome.
Foi moi interesante e aprendemos moito grazas aos nosos compañeiros que fixeron de mestres por un día e fixéronno xenial!!!

luns, 9 de xuño de 2014

CONTO COLABORATIVO

Fixemos un conto colaborativo e cooperativo en cada grupo do PROA. Foi moi entretido e motivador para o alumnado, pois todos participaron e conseguiron facer unhas historias moi interesantes e divertidas.
Con esta actividade traballamos e fomentamos a expresión escrita, a creatividade, o traballo cooperativo,... Certo é que a actividade nos levou moito tempo facela pero vendo os resultados podemos dicir que pagou a pena ;)