xoves, 11 de xuño de 2015

Pablo e Luis de 6º curso lendo códigos QR no patio do cole

O alumnado de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Frións fixo un traballo coas árbores do patio e explica cómo ler os códigos QR que colocaron nas paxareiras e letreiros cos nomes das árbores.

mércores, 10 de xuño de 2015

Fixemos paxareiras con cartóns de leite e zumo

Que chulas nos quedaron aos alumnos e alumnas de 6º curso estas paxareiras de cores feitas con cartóns de leite e zumo que troixemos da casa. Déronnos moito chollo, pero mereceu a pena, pois colocámoslle uns códigos QR...que te levarán a moitas fotos de momentos divertidos no cole...A qué esperas para lelos desde unha tableta ou un móbil!!!

DSC_1106 DSC_1105

DSC_1283 DSC_1282

martes, 9 de xuño de 2015

Video titorial por Bea de 6º para crear códigos QR

Desde un proxecto de innovación no que participa o cole de Frións, Bea de 6º curso fixo un video titorial onde nos explica o sinxelo que é crear códigos QR, que son imaxes como labirintos que nos levan a enlaces que podemos ler desde o teléfono, a tableta...

mércores, 3 de xuño de 2015

Chegaron as follas ás árbores...

As árbores do patio xa teñen máis follas que as Din A4 dos lectores de 6º curso e os ointes infantiles... Saen tímidas a escoitar os contos que soan baixo a súa pequena sombra... Pronto lles saberemos os nomes a cada unha!!!

[gallery ids="2279,2280,2281,2282,2283,2284,2285,2286,2287,2288,2289,2290,2291,2292,2293,2294,229 ,2296,2297,2269,2270,2271,2272,2273,2274,2275,2276,2277,2298,2299"]

sábado, 30 de maio de 2015

As árbores do patio teñen placa

O alumnado de 6º curso estivo a investigar o nome e as carácterísticas das árbores que temos no patio, clasificando 14 especies en todo o recinto. Contamos coa axuda do papá de Pedro de 5 anos, que fixo unhas placas identificativas, pero que moi ben feitas en madeira...e co seu espacio para colocar un código QR...a onde te levarán

[gallery ids="2228,2229,2230,2231,2232,2233,2234,2235,2237,2238,2239,2240,2241,2242"]?

venres, 29 de maio de 2015

Hector Lorenzo canta poemas aos peques do cole

O 29 de maio 2015 tivemos visita de Hector Lorenzo ao CEIP Pl.Frións e deleitou aos máis pequenos do cole con poemas musicados que escribiu no seu día para a súa filla.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A DORNA DO MANTEL

PAPÁ PINTOU UN BARCO
NUN ANACO DUN MANTEL:
NÓS SUBIMOS NEL
EMPOLEIRADOS NOS SEUS MASTROS.

ADIANTE MARIÑEIROS!!!
QUE HABEMOS SER OS PRIMEIROS
EN ATOPAR O TESOURO
DO PIRATA BARBILOURO.

ADIANTE MAREANTES!!!
NON TEÑAMOS MEDO,
NIN COITELOS NIN ROCHEDOS
HAN PODER CO NOSO EMBATE.

POLOS MARES DA TERRA TODA
HABEMOS NAVEGAR
A BORDO DESTA DORNA
QUE O NORDÉS FARÁ FUNGAR.

luns, 25 de maio de 2015

Visita de Ramón Caride ao cole

Visita de Ramón Caride ao CEIP Pl.Frións o 25 de maio 2015 que falou de libros como "Perigo vexetal" e "O futuro roubado" que leron os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso...e que gustou un montón!
OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA