Co remate de curso, chega tamén a exposición final do traballo de investigación que fixeron os alumnos e alumnas de 5º curso Os alumnos e alumnas de 5º curso. Deixaron mostra dos seus descubrimentos e expuxeron o seu traballo aos que tantas preguntas lles fixeron, o alumnado de 3º e 4º curso. Como mostra queda todo o que recolleron e viviron neste percorrido...
Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
mércores, 22 de xuño de 2016
martes, 21 de xuño de 2016
Recomendacións para o verán
Rematamos o curso e xa temos moitas gañas de gozar do tempo de lecer, das vacacións, do sol e da praia. O Aquel deséxavos un bo verán e presenta unhas refrescantes lecturas para soñar e compartir neste tempo merecido de descanso. Esperamos que vos gusten. Ata a volta!
venres, 17 de xuño de 2016
Visita de 5º curso a AMBAR
Despois de rematar o traballo duro deste curso tivemos unha salida na que visitamos unha asociación da nosa contorna.
Eles viñeron con motivo do "Día Internacional das Bibliotecas Escolares" a ensinarnos un pouco do seu traballo de encadernación. Agora visitamos as instalacións, compartimos xogos e aprendimos máis do que fan no seu centro. Pasámolo moi ben, como mostra aquí tedes un vídeo.

sábado, 11 de xuño de 2016
Traballo de investigación sobre as Profesións e Oficios
Aquí temos o resultado das pesquisas feitas polos nosos alumnos/as, en colaboración coas familias, sobre diferentes oficios ou proefesións.
O primeiro traballo pertence ao alumnado de Infantil e o segundo ao de Primaria.
GRAZAS a todos pola vosa colaboración!
O primeiro traballo pertence ao alumnado de Infantil e o segundo ao de Primaria.
GRAZAS a todos pola vosa colaboración!
venres, 3 de xuño de 2016
Despedimos á auxiliar de conversa Adrienne
Este curso tivemos de auxiliar de conversa a Adrienne, moza de Carolina do Norte, que nos deixou unha pegada de fala e cultura inglesa en toda a comunidade educativa de Frións.
Equipo docente e alumnado reunímonos para darlle un agasallo feito con agarimo, para que lle queden ganas de volver outro ano a compartir, "experiences in English"... receitas incluidas!

Equipo docente e alumnado reunímonos para darlle un agasallo feito con agarimo, para que lle queden ganas de volver outro ano a compartir, "experiences in English"... receitas incluidas!

En 2º construimos bibliorecetas e outras creacións musicadas
O alumnado de 2º curso, este ano moito lle deu á cabeza, para crear riquísimas receitas, seguindo todos os pasos dende a compra ata a cociña, con moita imaxinación e fundamento.

E como no cole naceron pitiños, moito nos inspiraron para facer poemas, propios e versionados e ata cancións!!!! Moito nos divertimos e nos liamos cantándoa... Atréveste a cantala connós?

E como no cole naceron pitiños, moito nos inspiraron para facer poemas, propios e versionados e ata cancións!!!! Moito nos divertimos e nos liamos cantándoa... Atréveste a cantala connós?

xoves, 2 de xuño de 2016
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)