venres, 25 de novembro de 2016

25 de novembro Educando en Igualdade

O 25 de novembre é un día de reflexión e denuncia contra as diferentes formas de violencia que sofren as mulleres. Eleximos esta data para facer un cartel coas siluetas dun neno e dunha nena de tres anos e fómolas enchendo de palabras que nos gustaría oir e sentir. Partiparon todos os cursos escribindo palabras en positivo e con corazón, baixo o lema que xurdiu do alumnado de 6º curso: PALABRAS FALADAS, ESCOITA O SER AUTÉNTICO QUE HAI EN TI.








venres, 18 de novembro de 2016

Queremos saber de fungos e cogomelos

Entre o alumnado de 3º curso xurdiu un "equipo cogomelo", como eles se bautizaron. Todo comezou este outono ao atopar cogomelos no patio do cole, un grupo de nenos empezou a preguntar polo seu nome e adicouse a buscar nos recreos todos cantos había distintos... Como querían saber moitas cousas, fomos ás fontes: libros, internet... e agora temos moitas máis dúbidas e moito máis interese... Continuará.















mércores, 26 de outubro de 2016

Día das bibliotecas con Amicos e o conto "El monstruo de colores"

Alumnos do CEEPR Amicos, viñeron ao CEIP plurilingüe de Frións a contarnos o conto "Monstruo de colores". Aproveitando a celebración do día das bibliotecas escolares, disfrutamos da escenificación deste conto na biblioteca do cole. Alfonso, un dos usuarios que acode ao centro Amicos, veu con seis compañeiros máis a contar este conto das emocións que tanto nos gusta, ao alumnado de Educación Infantil e aos de 1º nivel de primaria. Non será unha ocasión única, faremos máis cousas xuntos!!!