mércores, 8 de marzo de 2017

Día da muller traballadora desde Frións 2017

No día da muller traballadora, Ainhoa, Romeo, Uxía e Salaheddine, alumnos e alumnas de 6º curso, contaronnos quen son as mulleres referentes para eles na súa vida...

martes, 28 de febreiro de 2017

Recitando a Rosalía

Nós tamén quixemos homenaxear a Rosalía e que mellor maneira que lembrando a súa obra.
Fixemos este vídeo coas voces do alumnado e as súas interpretacións plásticas do poema "Adios ríos, adios fontes".
Esperamos que vos gusten.

martes, 21 de febreiro de 2017

Biografía de Rosalía

Xa esta ao virar a esquina o 24 de febreiro, día de Rosalía, e queremos compartir con todos a súa biografía, elaborada por compañeiros do CEIP López Ferreiro.
Gozádea e compartila.

venres, 13 de xaneiro de 2017

En xaneiro, lemos por dentro para quentar por fóra

Os máis pequenos volveron do nadal con ganas de escoitar un conto e aos máis maiores do cole xa lles tardaba contarllo. O sitio é o de menos, cando a calor dos nosos lectores e lectoras acompaña os contos favoritos... eso si, ben abrigadiños!