Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
domingo, 23 de abril de 2017
Día Mundial do Libro 2017
Un ano máis chegou a data por excelencia para os amigos e amigas da lectura. Nesta ocasión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un marcapáxina cun texto orixinal da poeta galega Rosalía Fernández Rial, agasallando os nosos ollos, oídos e mesmo o corazón.
venres, 21 de abril de 2017
Relaxing en familia
Actividade do día 21 na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións:
para rematar esta semana da orientación, do 18 ao 21 de abril, un papá veu na tarde do viernes a practicar unha sesión de relaxación en familia... un broche final de luxo!
para rematar esta semana da orientación, do 18 ao 21 de abril, un papá veu na tarde do viernes a practicar unha sesión de relaxación en familia... un broche final de luxo!
xoves, 20 de abril de 2017
Xincana Emocional
Actividades do 20 de abril na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións:
Xincana emocional, organizada polo alumnado do CEEPR Amicos para realizar cos alumnos e alumnas de sexto curso do cole... pasámolo fenomenal.
Xincana emocional, organizada polo alumnado do CEEPR Amicos para realizar cos alumnos e alumnas de sexto curso do cole... pasámolo fenomenal.
mércores, 19 de abril de 2017
Pinchazos con moito mimo
Actividades do día 19 de abril na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións:
Unha mamá enfermeira montou unha sala de hospital no cole, coa súa cama e o instrumental básico. Todo o alumnado do cole, dende os pequenos ata os máis grandes, vivenciaron o bo trato e comprobaron que non hai que ter medo aos pinchazos.

martes, 18 de abril de 2017
Pizza da inclusión
Actividade do 18 de abril na SEMANA da ORIENTACIÓN no CEIP Plurilingüe de Frións:
Cociñando con emoción unha "Pizza da Inclusión", foi elaborada polo alumnado de 4º curso con alimentos moi distintos, como chocolate e salchichas, contando coa colaboración duns papás "Top Chef", xa habituais nos fogóns do noso cole.

luns, 17 de abril de 2017
l SEMANA DA ORIENTACIÓN EN FRIÓNS
Do 18 ao 21 de abril, teremos actividades no cole con motivo da semana da orientación: cociñaremos con inclusión, practicaremos pinchazos con mimo, faremos unha gimcama emocional e relxarémonos para rematar moi agustiño despois de tanta actividade.
Diptico Semana Orientación by O Aquel de Frións on Scribd
Diptico Semana Orientación by O Aquel de Frións on Scribd
domingo, 2 de abril de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)