Blog da biblioteca do CEIP pl de Frións. Visitádenos e gozade connosco de moitos recursos!
xoves, 4 de maio de 2017
EXPER-I-CIENCIA. correntes mariñas
Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións:
o xoves 4 de maio, tivemos unha EXPERIENCIA-CHARLA DUN CIENTÍFICO (Antonio Cobelo, experto en correntes mariñas), solicitado desde EXPER-I-CIENCIA CSIC, para o alumnado de 5º e 6º curso. Foi toda unha experiencia misturar auga de cores doce e salgada, vendo como reaccionan.
o xoves 4 de maio, tivemos unha EXPERIENCIA-CHARLA DUN CIENTÍFICO (Antonio Cobelo, experto en correntes mariñas), solicitado desde EXPER-I-CIENCIA CSIC, para o alumnado de 5º e 6º curso. Foi toda unha experiencia misturar auga de cores doce e salgada, vendo como reaccionan.
mércores, 3 de maio de 2017
Concurso de tartas con froita
O alumnado de 2º curso, coa colaboración das súas familias, participou nun concurso de tartas. O requisito fundamental é que levasen froita na súa elaboración. O premio estivo moi reñido, pois todas estaban de rechupete. Houbo un premio á presencia e outro ao sabor.
martes, 2 de maio de 2017
Enlaces web Letras Galegas 2017 - CARLOS CASARES
Aquí vos deixamos os enlaces a páxinas interesantes con información, actividades, vídeos e imaxes do autor homenaxeado, Carlos Casares.
@ Seminario Galán
@ Fundación Carlos Casares
Unha morea de contidos para coñecer ben ao escritor.
@ Repositorio de contidos educativos
@ CEIP Vilaxoan
@ Real Academia Galega
@ Editorial Galaxia
@ O portal da Lingua Galega
@ Wikipedia
xoves, 27 de abril de 2017
Maleta de lecturas para familias
Dentro do Programa de Acción Maxistral, mercamos libros emocionais e en valores para as Escolas de familia dos tres centros participantes, pensado para facer unha mochila viaxeira para as familias.
martes, 25 de abril de 2017
Almorzo saudable en 1º curso
En colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AEECC) e aproveitando que esta semana no cole tiñamos froita, gracias ao "Programa Aliméntate Ben", o alumnado de 1º curso disfrutou dun almorzo ben completo. Escoitaron moi atentos/as as recomendacións de Aroa e colorearon uns salvamanteis ben chulos: "o teu almorzo saudable, cada día aliméntate ben."
luns, 24 de abril de 2017
I SEMANA DE CIENCIA E VALORES
O alumando do centro, vai desfrutar de actividades e charlas enfocadas a poñer en práctica ciencia e valores humáns que van relacionados.
Aquí temos o cartel
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


