domingo, 8 de outubro de 2017

Lema Bibliotecas Escolares 2017/2018


"Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas..." 
Este é parte do texto que interpreta a ilustración. Se quere ler todo o texto prema na imaxen.

mércores, 21 de xuño de 2017

Premiados/as en Frións 2016-17

Os alumnos e alumnas de 2º e 6º nivel, este curso 2016-17 participaron en moitas actividades organizadas por diferentes organizacións:
  •  Premio para un estudante 6ª nivel, Juan, no concurso de debuxo Asociación de AGADEA Alzheimer.
  •  Premio para un estudante 6ª nivel, Juan, para o poema "Miña Terra" no certame literario "Letras Galegas 2017" convocado polo concello de Ribeira.
  • Premio para dous estudantes da 6ª nivel, Celia e Moumneim, gañadores nun concurso de redacción, " Atrévete a ter unha idea", da Consellería de Educación.
  • Segundo Premio a nivel provincial, a un estudante de 2º nivel, Sandro, polo debuxo sobre o medio ambiente, convocado pola radio COPE.




Muro graffiti desde Arts.

Así de chulo quedou o muro do noso cole, pintado por toda a comunidade educativa nas clases de "Arts"... quedounos xenial!!!. Na foto o alumnado de 6º curso, cos profes implicados no proxecto, a titora e o director.


           





martes, 13 de xuño de 2017

Proxectos finais en PROA

Neste último mes do PROA desenvolvemos dous pequenos proxectos de investigación.

O grupo 1 fixo un proxecto sobre cogomelos, investigaron que son, se os podemos comer, que partes teñen, como son... e ata cultivamos os nosos propios cogomelos ostra.
No grupo 2 dividiron o planeta nos seus 5 continentes e buscaron información sobre Europa, Asia, África, Oceania e Ámerica; para despois elexir 2 países deses continentes e descubrir cousas diversas sobre eles.





Moitas grazas a todos por ter participado do PROA 2017.

mércores, 31 de maio de 2017

Concurso de maio "foto e adiviña"


No mes de maio, a través da páxina do facebook  O Aquel de Frións, propuxemos facer un concurso de refráns entre os visitantes do perfil. A foto que tivo mais "likes", foi a dun cuco, enviada por Lugo Rios Montes e Vales, co seguinte refrán:
"Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil, e entre 
San Xoan e a sega, marcha o cuco para a súa terra"

Moitas gracias pola
aportación desta foto que ambientará o noso centro.

xoves, 25 de maio de 2017

Anxo Moure e "Caramulo"

O 25 de maio, desfrutamos da visita do escritor chantadino Anxo Moure, a través da editorial Consorcio. Os máis pequenos do cole participaron activamente e moi entusiasmados coas súas historias, presentando a "Caramulo", a súa última obra, dentro da súa traxectoria en defensa da natureza: "O carballo con botas", "A Xacia Luviña", " O paraugas milaugas"...










xoves, 18 de maio de 2017

"Miña terriña", Premio Certame Literario maio 2017

O alumno de 6º curso, Juan Francisco Tomé Sampedro, obtivo un premio no Concurso Literario das Letras Galegas do Concello de Riveira, con "Miña terriña", proba de que non todo é futbol o que lle sae ben a este mozo.