xoves, 2 de novembro de 2017

Biblioaxudantes e apadriñamentos lectores en 6º curso 2017

Xa está en marcha o novo equipo de biblioaxudantes de 6º curso con moitas ganas e ilusión. Podes atopalos facendo a súa garda na biblioteca todos os recreos.


Foron os encargados de repartir os novos carnés de biblioteca e foron uns monitores excepcionais nas ximcacas do Samaín.


Seguro que o fan tan ben como os equipos doutros anos, continuando con tarefas como os apadriñamentos lectores entre o alumnado de 6º curso e os peques de infantil.



mércores, 1 de novembro de 2017

Samain 2017

Celebramos o Samaín participando nunha xincana de oito probas: Luz negra, xogo musical, medo, conto de Samaín, maquillaxe, xogos tradicionais e atoupa o tesouro.
Para rematar saboreamos unha rica chocolatada con churros. Foi un día completo!



Preme AQUÍ para ver todas as fotos 


martes, 31 de outubro de 2017

Debuxo e lema Medio Ambiente

Xa temos gañadorá do concurso de debuxo e lema para o proxecto de Medio Ambiente! Entregámoslle un agasallo aproveitando a festa do Samaín.

Iria Calvo 3ºA
Velaquí  tedes tódolos debuxos, o primeiro é o gañador .


Temos expostos tódolos traballos presentados ao concurso nunha parede do colexio.


Grazas a todos por achegarnos as vosas creacións!

venres, 27 de outubro de 2017

Marcapáxinas do Aquel

Para conmemorar a semana da Biblioteca tamén elaboramos uns marcapáxinas moi sinxelos coa imaxe do Aquel.
Os alumnos de 6º gravaron un titorial para explicar como se facían.


Foron polas aulas axudando aos máis pequenos na súa elaboración e aproveitaron para repartir entre o alumnado os novos carnés de biblioteca.




martes, 24 de outubro de 2017

Día da Biblioteca

Para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares convidamos a Lola, da librería Aenea (Santiago).
Tróuxonos moitos libros interesantes e presentounos algúns deles, convidándonos a viaxar cos seus personaxes a través das súas páxinas.


Agora temos máis materiais novos para compartir con todos os que veñades visitarnos!

luns, 9 de outubro de 2017