mércores, 6 de marzo de 2019

Día Internacional da Muller 2019

Para aprender hai que investigar, e buscar a información e compartila e cousa que podemos facer entre todos.
Deixámosvos uns enlaces para coñecer máis do Día Internacional da Muller, con recursos diversos para todolos gustos. Premedes nas imaxes.
https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/recursos-trabajar-dia-de-la-mujer-aula/33672.htmlhttp://www.un.org/es/events/womensday/index.shtml https://ineverycrea.net/comunidad/ineverycrea/recurso/recursos-para-trabajar-el-dia-de-la-mujer/a0daff53-a167-4d3b-88e1-5fd0f8fc7365


domingo, 3 de marzo de 2019

SLIME

O alumnado de PROA pasou unha xornada moi divertida aprendendo a facer slime.
Deixámosvos as mostras 💪




venres, 22 de febreiro de 2019

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Xa temos no noso cole a escultura e o Totem que comezamos no taller impartido pola asociación ÁMBAR co motivo do Día internacional das persoas con diversidade funcional, aló polo mes de decembro. Asistimos os alumnos e alumnas de quinto e sexto. Foi unha experiencia divertida , artística, inclusiva e gratificante para todos. Grazas AMBAR!!







domingo, 17 de febreiro de 2019

Dia de Rosalía de Castro

     Preme na imaxen para acceder ás propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para este 
24 de febreiro de 2019


Sumámonos á porposta  #LibreOMeuPensamento_rdc_19 facendo unha manifestación con pancartas cheas de lemas, recordando as palabras da autora con música e lecturas.


luns, 11 de febreiro de 2019

Día Mundial da Radio 2019

En liña co noso proxecto de Biblioteca anual, o 13 de febreiro conmemoramos o Día Mundial da Radio. Velaquí tedes un enlace con información e recursos para todos aqueles que queirades un anaquiño máis de coñecemento sobre o tema. 😉

Nos fixemos unha pequena gravación cunha breve explicación sobre o tema.




Tamén fixemos un gravación contando a historia da celebración de San Valentín, gústanos estar informados do por que das cousas. 😉