venres, 6 de novembro de 2020

Ciencia en galego

Neste mes de novembro imos experimentar,  probar e comprobar o funcionamiento das cousas e para iso precisamos seguir o método cientifico.
Aquí vos deixamos unha infografía en galego cos pasos a seguir. Esperamos que vos sexa de utilidade
Tamén  seleccionamos algúns enlaces interesante para traballar a ciencia cos nenos e nenas. 

@  4 Experimentos científicos muy fáciles con los que divertir a los niños

Manual de 50 experimetos para nenos/as 

¡15 experimentos científicos para Primaria! 

Libreta de Experimentos en galego 1

Libreta de Experimentos en galego 2

 








 





 

luns, 12 de outubro de 2020

Recursos para o Samaín

 Velaquí algúns vídeos con contos de medo. 


No seguinte enlace podedes atopar os fondos que temos na biblioteca do cole para traballar neste tempo do Samaín: contos de medo, de bruxas, vampiros, monstros, fantasmas, ogros, esqueletos e moito máis.



venres, 9 de outubro de 2020

Recomendacións lectoras

 Bos días lectores e lectoras!

Como chegan tantos días agora de vacacións, tamén podemos desfrutar lendo! A continuación tedes unha páxina onde podedes encontrar unhas recomendacións lectoras moi boas. Entrade no seguinte enlace e investigade!

Rede Lectura

luns, 5 de outubro de 2020

LEMA PLAMBE

O lema e o cartel publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Asesoría de Bibliotecas Escolares) para as bibliotecas escolares de Galicia cara a este curso 2020/21, «Xeografías lectoras na biblioteca escolar», quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon á disposición da comunidade educativa.

luns, 17 de agosto de 2020

Compartindo opinións sobre a Mochila Viaxeira

 Velaquí algunhas das vosas aportacións aos Diarios Viaxeiros que acompañan as Mochilas Viaxeiras. Neles compartides opinións, debuxos e agradecemntos. Moitas grazas por participar.